25º ANIVERSARIO. FERNANDO BOUZA BOUZA. UN PONTÉS NA SELECCIÓN ESPAÑOLA. POR ANTÓN E XOSE FERREIRO.

Pois si, este 2013, e máis concretamente nestas fechas, cumprense 25 anos dun fito histórico no deporte pontés, a presenza dun xogador local na selección española de fútbol sala.
Quixemos aproveitar as efemérides do calendario para homenaxear a un grande do noso deporte, que probablemente, e sobre todo para os máis noviños, pase desapercibido para moitos.
Tampouco queremos desmerecer, nin moito menos, ós compañeiros de viaxe do protagonista, e sirva este artigo coma modesta homenaxe a todos os integrantes nos moitos anos de historia, do mítico Autos Puentes de Fútbol Sala (1981-2002), un auténtico pioneiro no deporte pontés.
Fernando Bouza Bouza naceu en As Pontes en 1961, e durante moitos anos foi porteiro deste mítico clube, tendo que retirarse por unha grave lesión en 1991, aínda sen chegar ós 30 anos. Xogou 10 temporadas no Autos Puentes, comezando na Segunda División de Ferrol, subindo á Primeira División ferrolá, para volver a ascender e xogar catro temporadas na Liga Galega e tres na Liga Nacional de Primeira División. Foi Campión da primeira Copa de Galicia, xunto ós seus compañeiros, tras gañar na final, 6-0, a outro equipo pontés, Automóviles Luis, nin máis nin menos que un 25 de Xullo de 1987, en As Pontes. Trala súa retirada tamén foi varias temporadas adestrador do clube. Pero, aparte de outros moitos logros, hai un feito que marca a traxectoria deportiva deste pontés, a súa presenza na selección española no ano 1988.
fernando


Anque xa se levaba uns anos practicando, podese dicir que aqueles eran os inicios a nivel internacional deste deporte, e a FIFA decidiu organizar o primeiro Mundial de Fútbol Sala, a desputar en Holanda, en Xaneiro de 1989. A selección española, que xa tivera presencia nos Torneos de FIFUSA, FIFA e no Catro Nacións, preparábase para a súa cita máis importante ata o momento, e para elo, o seleccionador, o mítico Teodoro Nieto, preparou sete concentracións, máis a definitiva, ó longo do ano 1988.
O noso protagonista estivo presente en cinco convocatorias, da segunda á sexta, incluso chegou a debutar un 25 de Novembro de 1988 nun España 4 – Italia 3 desputado en Cuenca. O seleccionador ten unha lista de preseleccionados da que definitivamente so poden acudir 13 xogadores, entre eles os experimentados porteiros canarios, e dunha categoría superior, Prudencio Molina e Rafael Torres, quedando o noso protagonista como porteiro descartado.
Foi un Mundial sen sorte para España, cae no mesmo grupo que Brasil, Hungría e Arabia Saudí, contra todo pronóstico os brasileños caen con Hungría no primeiro encontro, 3-2 (os verdeamarelos en 7 Mundiais tan só perderon 4 partidos), España gaña ós húngaros na segunda xornada (5-3), e na derradeira os brasileños sacan a clase para gañar a España (4-1), clasificarse, e posteriormente gañar o Mundial, os húngaros vencen 11-2 a Arabia Saudí, e no triple empate a puntos a selección perxudicada é España que marcha a casa co noveno posto pasando a segunda fase brasileños, húngaros, Holanda, Bélxica, Estados Unidos, Italia, Arxentina e Paraguay. O resto da historia xa a coñecen vostedes, Brasil, campión en 1989, 1992, 1996, 2008 e 2012, e España en 2000 e 2004.
Vintecinco anos despois, e xa moito tempo alonxado das pistas de fútbol sala, puxémonos en contacto con este histórico do deporte pontés, para saber que foi da súa vida, como foron os seus anos de xogador e que recorda daquela experiencia histórica coa selección española. É un domingo pola mañá, chove en As Pontes, achegámonos a Autos Puentes, o lugar de traballo do noso protagonista, e alí mantemos unha conversa. Hoxe pedímoslle cinco minutos ós nosos lectores porque a ocasión ben o merece.
fernando
Comezamos falando con Fernando sobre os seus inicios “Eu cando comecei no fútbol sala tería sobre uns 20 anos, e estaba no Toluca, que adestraba Macanás, que logo se fusionou co equipo dos bombeiros, que era o equipo de meu irmán Cholo, e formouse o Autos Puentes. Tamén xogaba a fútbol campo pero a nivel de afeccionado, nunca cheguei a xogar no As Pontes, de feito creo recordar que fora unha vez a facer unha proba cos xuvenís ou cos cadetes, pero había dous porteiros que eu creo que me superaban, que eran Rebolo e Folla, e xa non seguín por ese camiño, eran moi bos”.
Tamén nos fala Fernando dos inicios do fútbol sala pontés “A primeira e a segunda temporada do Autos Puentes xogamos na Liga de Ferrol, e facíamolo en Punta Arnela, a primeira temporada foi en Segunda División, quedaramos campións imbatidos e ascenderamos, e a segunda temporada, xa estando en Primeira, conseguimos ascender á Liga Galega, e había que xogar os partidos en Ferrol, chegamos a ser catro equipos de As Pontes na Liga Galega, Autos Puentes, Automóviles Luis, Breogán Fútbol Sala e Borea Super Mourela, e xogabamos alí, pois non había pavillón aquí e así fixemos creo durante 5 temporadas, e adestrabamos nas pistas de O Poboado, que aquelo si que era duro (risas)”. “Recordo o meu primeiro partido oficial, que gañaramos 0-1, contra Garaje Castelos (28-10-1981)”. “O noso primeiro partido no pavillón fora contra o Prensa Nacional de Santiago (11-1-1986), íamos de primeiros e eles de segundos, e gañaronnos 2-5, co pavillón abarrotado, e puxeronse outra vez de líderes”.
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
Fernando chegou a xogar na División de Honra, a máxima categoría do Fútbol Sala español, no mítico Egasa Chaston de A Coruña, anque por amor ás cores preferiu renunciar á élite e seguir no seu equipo de toda a vida xunto ós seus compañeiros “Eu xoguei no Chaston 4 meses, de marzo a xuño do 1989, porque eu xa fora para alí con esa condición, non era moito da idea de moverme de aquí, fun para alí coa carta de liberdade firmada para poderme vir para o meu clube de sempre, que era o Autos Puentes, a eles lesionaraselles un porteiro e andaban buscando sustituto, e chamaronme a min, e despois de estar na selección española no 1988, xoguei con eles os play offs de Liga e Copa, foramos a Las Palmas a xogar a Fase Final de Copa, e tamén perderamos no play-off de Liga co FC Barcelona, 11-4 no Palau, nas semifinais, estaba no equipo Marc Carmona, por certo, o actual adestrador do clube culé”.
fernando
Contanos Fernando con moita humildade como foi a súa presencia na selección galega “A miña convocatoria coa selección galega foi unha verdadeira casualidade, igual que o da selección española, recordo que xogabamos unha eliminatoria de Copa co Boandanza de Fene, e gañaramoslles aló 2-4, despois en As Pontes gañaranos o Boandanza 0-3, na prórroga creo, e clasificaran eles, o porteiro titular da selección galega naquela época era Reina, que logo xogaría con nós no Autos Puentes, si aquela eliminatoria a houbera gañado o Autos Puentes, Reina seguiría sendo o porteiro titular da selección galega, pero como tiña que seguir xogando a Copa de España co Boandanza pois chamaranme a min, recordo que incluso xogaramos en As Pontes unha eliminatoria contra Cantabria, gañaramos aquí e máis aló, e clasificaramos para a fase final, que xogamos en Bilbao, en 1988, e alí quedaramos cuartos, e eu en principio, anque non era titular na selección galega, xogaba as segundas partes, estaba o seleccionador español Teodoro Nieto vendo esa fase final, saírame ben, gustaralle, e chamaranme para ir a unha concentración en Madrid, perderamos as semifinais a penaltis con Tenerife e logo o terceiro e cuarto posto contra o País Vasco. Ó ano seguinte volvín xogar coa selección galega, en Betanzos, no sector clasificatorio, anque ahí perderamos a final contra Asturias (2-4) e non nos clasificamos, xogara con Palotes, e dous anos antes ía Pichel á selección, xa ves, tres ponteses na selección galega”.
fernando
fernando
fernando
Sobre a súa inclusión na selección española “A primeira noticia que tivemos foi no autobús cando íamos de regreso do pavillón ó hotel, viñera o delegado da selección galega a dicirnos que había tres xogadores que lle gustaramos bastante ó seleccionador, un era Santi Pastur, que logo xogara con nós no Autos Puentes, que era de A Coruña, o outro era Santi Valladares, que estaba no Santiago, e hoxe en día é o adestrador do Santiago Futsal, e o outro era eu. Logo, á semana seguinte chamoume a Federación Galega e díxome que seguramente me chegaría un telegrama para ir a unha convocatoria a Madrid, e chegoume, íamos sobre 16 xogadores a cada convocatoria, que ía vendo o seleccionador, fixo sobre 7 concentracións antes do Mundial de Holanda, eu fóra a cinco, e quedarame nas portas, quedarame na sexta, que fora cando xogara o amistoso contra Italia”. “Fixeramos unha concentración en Madrid, en Barajas, nun hotel, outra fora en Navacerrada, nunha sede da Federación Española, e logo outras tres en Cuenca, adestrabamos mañá e tarde no pavillón, pero sen xogar partidos amistosos, e logo marchaba cada un para a súa casa”.
Sobre o seu partido internacional contra Italia comentanos Fernando “O partido contra Italia, en si, fora espectacular, o pavillón abarrotado en Cuenca, e sonando o himno, é moi emocionante, o resto de compañeiros tiñan máis experiencia nestas lides e quizáis aquel día os máis novatos eramos Santi Valladares e máis eu”. “Eramos tres porteiros para dúas prazas, o porteiro titular indiscutible era Molina, un canario, e aquel día non xogara, e o outro porteiro, tamén canario, Rafa Torres, fora o que saíra na primeira parte, eu saíra na segunda, e a verdade é que non tivera unha boa actuación nin moito menos, recordo con moito cariño ese día pero a miña actuación non foi moi aló, íamos 3-0 ó descanso, e na segunda parte Italia botarase arriba e meteranme os tres goles a min, anque ó final gañamos 4-3 nos últimos minutos”. “Sen embargo creo que aquel partido non influiu en nada, creo que a decisión xa a tiña tomada o seleccionador e eu xoguei ese partido máis como un premio por ir á esas cinco convocatorias, eu era o único xogador xunto con Santi Valladares que non xogaba en División de Honra e creo que a decisión xa estaba tomada moito antes daquel partido”. Sobre os seus compañeiros e rivais de portería comentanos Fernando “Molina era un cabaleiro, era veterán, máis maior ca min, xa daquela debía ter 32 anos, pero era un porteirazo, e moi boa persoa, e Rafa Torres igual, a verdade é que non tiñamos rivalidade ningunha, e aparte de nolos tres, xa antes caeran otros dous porteiros, por exemplo Kike Llorens, o porteiro do FC Barcelona, que fora a unha convocatoria e logo xa non volvera, e o outro porteiro descartado fora Benito de Ana, do Las Rozas. Eu polo menos aguantei ata o final. Molina era un porteirazo, e Torres tamén era un bo porteiro e ambos merecían ir ó Mundial”.
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
fernando
Falanos Fernando da súa retirada prematura deste deporte “En 1991 rompera o tendón de Aquiles adestrando no pavillón, estando Pablo Prieto de adestrador, deixei de xogar, non estaba recuperado de todo, non podía apoiar ben, e ós dous meses xustos de romper o tendón de Aquiles, volvín a rompelo nun accidente doméstico, e xa me foi imposible, eu tiña pensado volver a recuperar, tiña a esperanza de seguir xogando outros 3 ou 4 anos máis polo menos, pero incluso botei case que un ano coas muletas, tiña daquela 29 anos, pero xa estaba na miña decadencia de todas formas, non estaba no meu mellor momento (risas). E cando me lesionei quedaran de porteiros Santos e Marcelino.”
Sobre o porque de xogar de porteiro di que “Non tiña cualidades para ser xogador de pista, todos queríamos ser dianteiros e marcar goles, pero non pode ser (risas), e eu recordo xa desde pequeniño, que me compraran unha camiseta de porteiro, e gustabame”. Defínese con moita humildade “As miñas cualidades non eran espectaculares, eu considero que todos os anos que xoguei foron por poñerlle quizáis máis gañas que os demáis”.
Considera o seu mellor partido “Quizáis fora un que xoguei co Chaston, en Cee, en Copa, que era un equipo de unha categoría inferior, pero deranos un repaso en toda regla anque gañaramos 3-2, pero eu creo que foi un dos mellores partidos que fixen. Nosoutros eramos un equipo de División de Honra e eles dunha categoría máis abaixo pero aquel día derannos un baño”. “Pero si me teño que quedar con un partido polo seu valor indiscutiblemente foi o que xoguei coa selección española, pero tamén moitísimos partidos que eu ía a xogar cos meus compañeiros e que gañabamos a base de coraxe, gañas e motivación”. “Eu recordo partidos contra O Parrulo de Ferrol, Boandanza de Fene, incluso o Riaor de Ortigueira na súa época, que eran partidos de moita rivalidade, moi duros e moi intensos”. Por riba de títulos ou medallas o recoñecemento que máis ilusión lle fixo “Elexíranme mellor deportista de As Pontes durante dous anos seguidos, e recordoo con moita emoción”.
fernando
Xogadores que lle impresionaran da súa época “No Chaston podoche dicir Sánchez, Da Silva, Castillo e Vituco, que xogara na selección española anteriormente, o peruano Walter tamén foi un grandísimo xogador aquí, e de As Pontes, Píchel era un fenómeno, foi unha gran pena a lesión que tivo, pero era un moi bo xogador de fútbol sala, igual que Palotes. Tamén coincidín na selección española con Sergio Bonilla, un canario que quedara máximo goleador da División de Honra ese ano, era moi baixiño, menudo, pero un fenómeno, ademáis moi dicharachero. Como rivais recordome de Tachinha, un xogador que tiña o Isolar La Garriga de Canarias, que lle pegaba moi duro o balón, que a rompía, e a nivel de Galicia, Pachi, do Academia Postal de Ourense”.
O adestrador que máis lle marcou “Con diferencia, e faloche como adestrador de porteiros máis que como adestrador de equipo, Macanás, foi o que máis me axudou desde un principio, íamos tres días á semana para a pista do Poboado, chovendo, nevando, e granizando incluso, mollado por todos os sitios (risas), quizáis foi o que máis me axudou a chegar a onde cheguei”.
fernando
fernando
fernando
Sobre a súa etapa de adestrador contanos Fernando “gustabame, e despois de dirixilo Pablo Prieto, e despois Roberto Amado, houbo unha temporada que o Autos Puentes ía de colista, a 1993-94, e collín eu o equipo e conseguimos salvar a categoría, a verdade é que os primeiros anos gustabame moitísimo, tivemos 2 ou 3 etapas moi boas, tomalo con moita motivación, con moitas gañas, e foi moi ben a cousa, había uns rapaces aquí maravillosos, como Fran, Andi ou Expósito, estaba Walter que tamén lles ensinou bastante a todos, eu a Walter coñecerao da miña etapa no Chaston e fixen o posible para que viñera para aquí, e a verdade é que os primeiros anos eran moi ilusionantes, con rapaces moi novos, que lle poñían moitas gañas, e iso que competíamos contra equipos bastante superiores a nós, con moito máis presuposto, pero bueno, logo torceronse un pouco as cousas, vin que igual nin a xente nin eu tiña tanta motivación coma antes, e decidín deixalo, acabei bastante canso, tanto que creo que botei case tres anos sen volver pisar o pavillón, logo fun ver un par de partidos de O Esteo, que a verdade é que hai que felicitar a Fran e compañía pola labor que están facendo, que é impresionante como o están levando, o valor que lle hai que dar a iso ou o valor que tivo o Autos Puentes no seu momento é incalculable”. “Pero xa che digo, acabei moi canso, e iso que incluso hai uns anos me chamou Fran para o Esteo, e incluso tamén me chamaron por si quería ser porteiro na Liga de Veteranos”.
Os maiores cambios que ve neste deporte dende a súa época a hoxe en día “o control de balón e a velocidade no xogo foi o que máis cambiou, antes cando se empezaba a xogar a isto, había un pívot fixo e estático prácticamente alí diante só, e iso agora mesmo non o hai, antes o xogo era moito de correr para arriba e para abaixo, agora hai máis control, mellorou en todo moitísimo, está moito máis profesionalizado, indiscutiblemente a xente foi aprendendo porque nos anos 1980-1985 a maioría das tácticas eran aprendidas do fútbol campo, e algúns ían innovando, lendo cousas, apuntes, información, e ían copiando uns ós outros”.
fernando
fernando
fernando
A familia Bouza é moi prolífica no deporte pontés, Fernando chegou a xogar no Autos Puentes tendo a seus irmáns Cholo e Higinio de compañeiros, Cholo ademáis de ser porteiro coma él, incluso foi moitos anos presidente do Autos Puentes, o seu sobriño Iván Bouza tamén foi porteiro de fútbol sala e de hockei, xunto ó seu outro sobriño Rubén Urueña, gran goleador, chegaron a xogar unha fase final dun Campionato de España de Hockei sobre Patíns co equipo pontés A Magdalena Fembyc, cara a cara co Liceo e os todopoderosos equipos cataláns, a súa sobriña Lucía Legaspi, foi Subcampiona de Europa e Bronce Mundial, Junior, en Taekwondo, en 1996, e de seguir no seu deporte moi probablemente acudiría ás Olimpiadas, sen embargo Fernando di moi modestamente que “somos moitos na familia, e algún ten que destacar algo (risas), e ó mellor poñemoslle algo máis de gañas e actitude para o deporte que outros”.
Este histórico do deporte pontés, hoxe en día, ós seus 52 anos, está casado e ten unha filla, ademáis de traballar de toda a vida nun taller de compra e venta de vehículos, agora adica parte do seu tempo libre á caza, anque confesa que bota de menos do que foi o seu deporte “o compañeirismo que había, e o ben que o pasábamos nos desprazamentos, ou despois dos adestramentos, que íamos tomar unhas cervexas por ahí. Tamén esa adrenalina dos partidos, a competición, ver un pavillón cheo, eu recordo partidos aquí na Fraga de ver o pavillón cheo, abarrotado, a xente de As Pontes entregada completamente ó equipo e o equipo entregado a eles, que aquelo era unha festa, e a adrenalina que se vive nun partido deses é inexplicable”.
fernando
fernando
fernando
fernando
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios