Amigus
As Pontes

REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 3 DORNEDA 0

Importante vitoria e tres puntos moi valiosos do As Pontes perante un rival directo, o Dorneda. Tras uns primeiros minutos sen ocasións, pouco antes do descanso, no 40´, o xuvenil Amado aproveitaba un rexeite dentro da área pra batir a Pedro de tiro cruzado. Dous minutos máis tarde o colexiado expulsaba ó capitán visitante Charly, pero aínda así os de Oleiros saíron na segunda metade a polo empate e incluso tiveron algunha ocasión por medio do seu xogador máis incisivo, Cololo. Máis no minuto 59´ e tras un pase de Alonso, Amado queda só ante o porteiro ó que bate por alto. Máis se revolucionou o As Pontes coa entrada do outro xuvenil, o ex internacional español sub15 Dani Carballeira, e das súas botas saíron dous grandes pases que a piques estiveron de converter en gol Piru e Rebolo, máis foi o naronés David Amado quen si se aproveitou dun bo pase de Carba, pra batir por baixo a Pedro e selar o seu particular “hat trick”. Aínda puido aumentar a súa vantaxe o As Pontes por medio de Piru, pero o seu remate foi ó longueiro. En definitiva, tres importantes puntos do As Pontes que o axudan a alonxarse dos postos de descenso.


3 As Pontes. Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Boo (Alberto 81´), Alonso, David Amado, Ferreiro (Carba 60´), Pedro (Rebolo 58´), Troncho (Esmorís 81´), Piru.
0 Dorneda. Pedro, Cardelle (Alfonso 87´), Diego (Mito 90´), Charly, Víctor, Adrián, Pou (Carral 60´), Nando, Cololo, Pochi, Mario David.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 100 espectadores. Partido correspondente a 18ª xornada de Liga.
Árbitro: Montesinos Leal (Lugo) Auxiliado nas bandas por Domínguez e García.
Amoestacións: Expulsou ó visitante Charly tras protestar e recibir o segundo cartón amarelo (42´). Tamén expulsou ó adestrador e delegado vistantes, Jose Manuel Pose e Jesús Pereda. Cartón amarelo a Cololo e Alonso
Goles: 1-0 minuto 40, David Amado. 2-0 minuto 59, David Amado. 3-0 minuto 72, David Amado.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios