Gema Buitrón analiza o Mundial de Polonia

Gema Buitrón acaba de chegar de disputar o Mundial Indoor en Polonia e estas son as súas impresións sobre a competición deste fin de semana. Entrevista cortesía de Xóse Ferreiro.

Gema.jpg


Hola Gema, ¿como valoras o Mundial, pensas que o puideches facer algo mellor ou calificas como moi bo o teu concurso ó ser debutante?
Hola, pois non vou a mentir porque sobre todo conmigo mesma son moi moi esixente en canto á valoración de resultados, asi que coido que teño que dicir que podería haber estado mellor aínda que estou moi moi contenta de como o levei, pena da sorte, que non me acompañou moito.
As tres representantes españolas fixechedes un gran campionato, Magali Foulón ten 22 anos, Beatriz Cabrero, 20, e ti, 19, ¿sodes un equipo con moito futuro non? ¿Soñades con medallas ou preferides ir paso a paso?

(Risas) Iso esperamos! Somos un dos equipos máis novos xunto coas mexicanas e somos realistas en canto a que sabemos que aínda nos queda moito por aprender, pero a progresión está sendo boísima e está claro que os nosos obxectivos son os metais; os principais e máis importantes están fixos, todo o que chegue polo medio será ben recibido!
Despois do gran rendemento de Bea e Magali no Mundial, ¿pensas que de cara ó público, incluso para ti mesma, se vai a valorar máis a dificultade do Campionato de España que conseguiches hai pouco¿?
Eu non lle dou tanta importancia a verdade. Teño moi claro que o seu nivel é alto porque adestro con elas tódolos días e levo competindo contra elas e ó seu lado moitos anos. A verdade que para min o campionato de España segue a ter o mesmo valor que o día que o conseguín; os resultados posteriores non lle suman ou restan importancia en absoluto.
Levas anos competindo ó máis alto nivel, pero en categorías de base, ¿que sentiches na túa segunda participación nun Mundial Absoluto?, competir contra xente como Valeeva, Winter, Schuh, a selección italiana, supoño que da bastante respeto, ¿non?
Este é o meu segundo mundial absoluto(o primeiro foi o de Leipzig no 2006 de aire libre), e teño que dicir que competir ao lado de figuras tan importantes, e de xente que para ti son exemplos a seguir sempre impón, pero realmente levo compartindo liñas de tiro con elas dende a temporada pasada; nas copas do mundo os equipos son practicamente os mesmos que nos mundiais, aínda que sí que é certo que o feito de que se trate dun campionato do mundo dalle a todo o mundo un toque un pouco como de máis importancia…Pero en resumo o feito de estar tirando con elas xa non é tan chocante como o foi a primeira vez; cruzarte con elas ou estar na mesma diana xa é algo normal aínda que sempre impón bastante.
A selección italiana gañou o ouro por equipos, pero a vosoutras en cuartos de final so vos puideron gañar no desempate. ¿Quedachedes coa mel nos beizos ou pensas que xa haberá máis oportunidades?
Home, a verdade que a sensación de que estivemos a menos dun pasiño sí que nos quedou, pero temos moi presente que elas levan moitos anos sendo das mellores do mundo e nós aínda estamos chegando. O noso obxectivo era facer ver que estamos traballando e que somos capaces de poñerllo difícil; obxectivo conseguido! Estamos moi contentas de saber que somos capaces de poñerlle obstáculos a un equipo tan potente como é o italiano, e temos moi presente que haberá máis oportunidades nas que esperamos ser algo máis que un obstáculo para elas, por suposto!
Gema, ¿aire libre ou pista cuberta? ¿Qué prefires e que se che da mellor?
AIRE LIBRE por supostísimo! Non hai nada como tirar unha competición a distancias longas! Non podo dicir que pista cuberta se me dea mal porque os resultados xogan na miña contra, pero o que de verdade me apasiona é o aire libre.
¿Que opinas do papel de España, con 2 bronces e un cuarto posto como mellores resultados?
Foi un campionato productivo, aínda que os houbo mellores. En pista cuberta sempre contamos co factor composto, que case sempre consegue algún metal, pero espero que para o mundial de aire libre o balance sexa máis positivo en canto ós recurvos.
E no que queda de 2009, supoño que a pensar no Campionato de España e no Mundial ¿non?
Por suposto! Despois deste campionato teño moitas ganas de volver saír a competir, e sobre todo porque comeza a temporada de aire libre!O obxectivo final é o campionato do mundo, pero polo medio hai máis probas importantes nas que teño a vista posta como son as copas de Europa, os clasificatorios para o equipo do 2010 ou as copas do Mundo. Teño moitas ganas de adestrar esta temporada que comeza e espero conseguir os obxectivos que me vaia marcando.
Pois moitas gracias e moita sorte.
Gracias a ti e un bico

También podría gustarte
Comentarios