Amigus
As Pontes

Enrique Fornos e Galicia finalizan en unha brillante sexta posición. A C.Valenciana Campiona de España

A selección galega na que o pontés Enrique Fornos foi capitán e titular en tódolos encontros acabou en unha magnífica sexta posicición no Campionato de España Alevín de fútbol sete, por diante de seleccións de gran nivel como Cataluña ou Madrid.


A selección galega que na primeira fase gañou a Cantabria (3-0), Ceuta (2-0), empatou con Extremadura (0-0) e perdeu con Illas Baleares (0-1), e en cuartos de final contra o País Vasco (0-4), venceu esta mañá no loita polos postos 5º ó 8º a Murcia nos penatis 0-0(5-6), e xa na final polo 5º e 6º posto perdeu con Castela e León por 3-2.
A selección da Comunidade Valenciana proclamouse campiona de España, e sucede a Cataluña no palmarés, tras gañar en semifinais a Aragón por 2-1 e na final a Andalucía por 4-2. Na loita polo bronce Aragón venceu nos penaltis á favorita País Vasco, 1-1(6-5). Dase a casualidade que hai uns meses a selección valenciana venceu neste mesmo torneo pero en categoría feminina.

Valencia-campiona.jpg

A clasificación final do torneo foi 1º C.Valenciana, 2º Andalucía, 3º Aragón, 4º País Vasco, 5º Castela León, 6º Galicia, 7º Illas Baleares, 8º Murcia, 9º Cataluña, 10º Navarra, 11º Madrid, 12º Extremadura, 13º Asturias, 14º Castela A Mancha, 15º Cantabria, 16º Melilla, 17º A Rioxa, 18º Canarias, 19º Ceuta.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios