LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – SD RIBADEO 3

Partido hoxe á mañá no Campo Anexo José

Derrota do Xuvenil pontés no encontro disputado nesta mañá fría e soleada no Anexo José ante o Ribadeo por 1-3, equipo que xa o derrotara na xornada inaugural desta competición por 3-0.

Pronto se adiantaron os visitantes nunha xogada iniciada dende a banda esquerda na que número once lucense terminou rematando moi fácil. Nun balón que cabecea Samuel e se lle escapa ao gardamallas chegou o empate, pero dous tantos consecutivos, un rematando o primeiro período e outro no reinicio do segundo significaron a sentencia.

Son oitavos con nove puntos. A parte boa é que, ao contrario que o equipo senior, descansan un mes ata mediados de Xaneiro que visitan ao Val, que suma 7 puntos, de momento, no derbi.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios