Amigus
As Pontes

FOLIADA DE SETEMBRO 2009

Hoxe venres, día 25 de setembro, volven as FOLIADAS ao Lar.Nesta primeira foliada contamos co noso querido gaiteiro D.Manuel Castro “FREIXO”, que cumpleu 91 anos o pasado día 12, e segue a tocar incansable coma un rapaz. Esta será a última actuación antes de gravar para a TVG, o programa Alalá que será na samana seguinte. Despois actuarán Roquementroque, de Fene, e a continuación a gran Repichoca, na que todo aquel que sepa tocar un instrumento, ou cantar, ou bailar, pode , e debe participar a pasalo ben.
A partires deste ano, e para afloxarlle o traballo de organizar estes eventos a Manolo Lamas, entran a organizar os grupos: Axouxere (Roupar), Muxarega, Os Suplentes, Os trevillas, Escola Municipal, No Cómbaro, Cantareiras de Alende, e Cana Vella.
Serán todolos últimos venres de cada mes, agás Nadal, e rematando no mes de maio.
foliada.jpg


Foliada-Setembro-2009.jpg

También podría gustarte
Comentarios