Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 7 – CINCO CORUÑA B FS 5

Partido este sábado á noite no Monte Caxado

Importante vitoria 7-5 do equipo do Lago este sábado á noite perante o conxunto coruñés, undécimo clasificado.

Na primeira metade o cadro local marchou ao descanso con 4-2 no marcador, en dúas grandes xogadas de Borja que anotou Pablo, nunha boa incursión por banda de Dani marcou Santi, e este mesmo xogador anoutou un golazo cun forte punteirazo a saque de falta.

Nun fulgurante inicio do segundo período os herculinos voltearon o marcador ata o 4-5, pero nos derradeiros instantes con porteiro xogador os de Diego Vinicius, un doblete de Adrián Meizoso puxo o 6-5 no electrónico, e xa a desesperada cos visitantes buscando a igualada marcou o porteiro Hugo o 7-5 definitivo dende a súa porta.

Xogaron Hugo, Diego, Pablo, Adrián Bellas, Dani; Pelu, Borja, Jacobo, Adrián Meizoso e Santi. Situanse sextos con 15 puntos, visitando a vindeira fin de semana nun derbi sen confianzas ao Narón O Freixo, último con 5 puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios