LIGA DE AS PONTES DE VETERANOS 2022-23

Triunfos claros dos favoritos ao título

Esta fin de semana deparou poucas sorpresas na Liga Pontesa de Veteranos. O líder La Galaxia Venus venceu 3-1 a MMYPEM, Estanco Mari Carmen gañou claramente 6-1 o Bar Encanto, e Muebles Eume 3-0 a As Pontes 74. Tamén gañou con contundencia A Cepa que logrou a goleada da xornada 7-1 ante Electricidad J&O.

Sigue líder La Galaxia Venus con 16 puntos, seguido de Estanco Mari Carmen con 14. A Cepa ten 12 e Muebles Eume 10, ambos equipos cun encontro menos. Semella que entre os catro quedará o título. Con nove está Bar Encanto Lecar 712, e sete para MMYPEM.

Loitando por evitar a última praza, Jeycar suma un punto, Electricidad J&O aínda non puntuou, e en peor situación se atopa As Pontes 74, que ten saldo negativo dun punto.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres

También podría gustarte
Comentarios