Amigus
As Pontes

LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 3 COLEXIO SAN ROQUE 0. OS CADETES REMATAN A LIGA EN TERCEIRA POSICIÓN

O equipo xuvenil deu hoxe un gran paso cara a salvación tras vencer ó equipo vigués do San Roque, triunfo que se suma ó obtido a semana pasada en Lalín (1-4) en partido aprazado. Seis importantes puntos que fan que o As Pontes se sitúe décimo con 34 puntos, e o máis importante, a día de hoxe alonxa en 13 puntos os postos de descenso a falta de oito xornadas.
liga_xuvenil_01.jpg


No minuto 20´ chegou a xogada clave do partido, Ali queda só, regatea ó porteiro, este faille falta fóra da área e os vigueses quedan con dez. Falta que Cañizares marca maxistralmente dando tranquilidade ós locais. A cinco minutos do descanso, outra vez Chus, a pase de Borja, poñía o 2-0 no marcador.
Na segunda metade o equipo visitante foi valente e saiu en busca do gol cun xogador menos, mentras os locais deixaban que trascorreran os minutos, aínda así houbo dous bos disparos de Xabi e unha brillante vaselina de Cañizares na que o poste evitou o hat trick. Cando parecía que o marcador xa non se ía mover, a dous minutos do final, Borja desmarcase, regatea ó porteiro e marca o 3-0 definitivo.
Esta semana probablemente se xogue o partido aprazado polo temporal, en Nigrán ante o Val Miñor, e dentro de dúas semanas o As Pontes visitará ó Celta.
Carballo alineou a Iván, Gogas, Antón, Abeás, Juan, Carlos, Borja, Xabi, Ali (Tara 45´), Cañizares (Marcos 87´) e Fernando (Kilian 67´).
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
Por outra banda, o equipo cadete rematou hoxe a súa andaina na Liga con unha victoria ante o perigoso equipo do Eume por 4 goles a 0, tantos de Rubén, Sergio Criado e dous do capitán e ex xogador da selección ferrolá sub15 Alex Cabarcos (foto). Os de Calpita conclúen a Liga en unha brillante terceira posición por detrás de Cedeira (Campión) e Galicia de Caranza (segundo). Suman 52 puntos en 26 partidos, con 16 victorias, 4 empates, 6 derrotas, marcando 80 goles a favor por 33 en contra. Agora xogarán a competición de Copa.
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
liga_xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios