Amigus
As Pontes

LIGA FASE DE ASCENSO INFANTIL. CD AS PONTES 3 RACING DE FERROL 1

O As Pontes Infantil escribiu hoxe á mañá un novo capítulo na súa brillante temporada e asegurou o seu posto na fase de ascenso tras darse o luxo de vencer a todo un Racing de Ferrol por 3 goles a 1. Ó descanso chegouse co resultado de 2-1, tantos do capitán Enrique Fornos, un de penalti, e o outro tras facer un xogadón. Mediada a segunda metade Diego Filgueiras dende fóra da área consiguiu un bonito tanto que daba algo de tranquilidade. Incluso o gran Enrique puido sentenciar pero o seu lanzamento de falta foi ó longueiro. De ahí ó final os ferroláns achucharon pero o marcador non se moveu e os locais convírtense no primeiro equipo que garantiza a súa plaza na fase de ascenso.
A clasificación a falta de una xornada, cos azuis xa matemáticamente clasificados faga o que faga o Meirás, está liderada polo As Pontes con 21 puntos, Racing de Ferrol, 20, Meirás, 18, e xa sen opcións, O Val, 13, Eume, 7, e o Cariño que aínda non estreou o seu casilleiro.
Na derradeira xornada As Pontes visitará Pontedeume, onde gañando aseguraría o meritorio primeiro posto, namentres que no partido cumbre Meirás-R. Ferrol xogarase a segunda plaza de ascenso.
Rebolo e Cal aliñaron a Ángel Prieto, Alberto Lozano, David García, Iván Carballeira, Alex Pico, Brais Blanco, Nahúm Martínez (David Rey 79), Jandro Picallo (Jorge Rodríguez 79), Alex Fernández, Enrique Fornos e Diego Filgueiras.
Houbo una boa presencia de afeccionados no choque, entre os que se puido ver ó gran Adrián López. Destacar que no equipo ferrolán xogou o fillo do mítico ex xogador do OAR Ferrol, Anicet Lavodrama, Jahlil Lavodrama, que con 14 anos e os seus 190 centímetros acaba de ser fichado polo equipo madrileño de baloncesto Estudiantes.
foto_1.jpg


foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
foto_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios