Amigus
As Pontes

Club de Montaña O Caxado

O Club de Montaña O Caxado participou esta fin de semana en duas actividades, por unha banda, un grupo de compañeiros do club forn ata a Pontenova para participar na terceira concentración de Asociacións de Senderismo e tempo libre organizada polo Concelo da pontenova e a Asociación de Comerciantes, Industriales y autonomos e a Sociedade Deportiva Albions.Participaron 400 sendeiristas de Galicia e Asturias pertencentes a 10 asociacións e mais a titulo individual que poideron escoller unha das duas rutas propostas, a primeira unha circular saíndo da Praza doa Fornos para visitar a galeria da mina Consuelo, o Museo de Arte Sacro de Conforto, o túnel de Boulloso e o seu forno de fundición para rematar no último Km da ruta do Ferrocarril; A segunda foi a ruta das Reigadas pola zona nortedo concello, logo o remate comida e sorteo de prendas depportivas aptas para a practica do sendeirismo.
Por outra parte e seguindo cas rutas programadas polo club de montaña O Caxado, nesta ocasión achegamonos ata Taramundi para percorrer a ruta da auga P.R.AS 17. Saída de Taramundi a media maña e logo de pasar polo Museo dos Muiños do Mazonovo o cal visitariamos á volta, desviamonos a ver a fervenza Das Salgueiras no rego do mesmo nome para logo continuar camiño pola pequena aldea de Esquios onde se atopa un taller-museo de cuchilleria e continuar ata As Veigas donde paramos a comer nunha aldea recuperada como Centro de Turismo Rural, unha vez que demos conta dun churrasco e unhas tortillas entre outras viandas seguimos cara o conxunto Etnografico dos Teixois, ali visita guiada para ver un muiño, unha moa de afiar, unha antigua central hidroelectrica, un batan e un machuco, todo elo movido pola forza da auga. Camiño de novo ata o Mazonovo,visita ó Museo, subida ata Taramundi e logo de media hora para as ultmas compras , as sete da tarde volta para As Pontes.
club_montana_ocaxado_1.jpg


club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
club_montana_ocaxado_1.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios