Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: OFERTA FORMATIVA: O BNG ESIXE ACCIÓN AO PSOE E AO PP

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Ao amparo do Plano de Desenvolvemento, e despois de xornadas de reivindicación social, a Xunta comprometeu, entre outras, a implantación de 3 novas especialidades formativas no noso concello. Namentres que o Plano continúa en vigor, non ocorre o mesmo co compromiso da Xunta –antes e agora do PP-, que é quen de superar o seu incumprimento coa supresión de dous ciclos superiores.
Argumentos?; segundo o único concelleiro do PP, parece que existen estudos da Xunta que o posicionaron en contra dos intereses das Pontes. O PP non é quen de permitir as mesmas condicións para os nosos Centros que para o resto dos de Galiza. Nas Pontes supresión antes de iniciarse o período de admisión.
E o goberno municipal do PSOE?. Lentos. Reuníronse cos directores dos centros educativos, mais non cos ANPA´s.
O BNG solicitou unha reunión urxente o día 16, cando se fixo pública a decisión do PP; a convocatoria do PSOE foi o 21 para decidir, enviar unha carta á Consellería de Educación. Diante da insistencia do BNG, onte celebrouse un Pleno urxente no que, a iniciativa do BNG, aprobouse convocar reunións urxentes co Plano de Desenvolvemento, empresarios, Concellos limítrofes, …
A perda de tempo é evidente, xa que o prazo de admisión de alumnado remata o día 2 de xullo, e os nosos Centros non poden facer a oferta.
O BNG demanda do PSOE que cumpra coas súas responsabilidades de goberno, e do PP que demostre o seu peso e a súa utilidade. No caso contrario, outra vez As Pontes sairá perdendo.
Asemblea Local do BNG
As Pontes, 24 de xuño de 2010

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios