Sufrida vitoria do As Pontes no último partido da temporada ante o colista Portomarín nun encontro no que se adiantou pronto tras unha cabezada de Traba cara atrás que pillou a contrapé ao porteiro, e pese a que dominou máis o encontro tivo que sufrir ata o final para manter os tres puntos.
Coma queira que o Sigueiro goleou 0-6 en Sofán e o Lemos 0-4 en Ribadeo o As Pontes conclúe quinto pola cola con 49 puntos.
Xogaron Valentín, Criado, Mascareña, Barroso (Rogerio 61´), Montes, Traba, Felauto, Alberto (Jandro 83´), Josemi, Sergio, Tijan.
Nova cortesía Xose Ferreiro