Amigus
As Pontes

¡¡¡ FELIZ CUMPREANOS CD AS PONTES !!!

Si, efectivamente hai que felicitar hoxe ó noso CD As Pontes polos seus cincuenta anos de existencia como Club federado, xa que foi un 28 de setembro de 1960 cando o Club pontés ingresou na federación española de fútbol para participar por primeira vez en competición oficial, concretamente na Serie A Rexional, hoxe Preferente Autonómica, co nome de CF Calvo Sotelo.
Logo pasaría a chamarse CD Endesa, CD Endesa As Pontes, para finalmente recuperar no ano 2002 o nome da vila co cal fora fundado alá polo ano 1933, aínda que tería que pasar case un cuarto de século para que participase por primeira vez en competición oficial.
Atrás queda medio século de vida dun histórico do deporte de As Pontes con máis de dous mil partidos disputados, con éxitos e con fracasos, con amargas derrotas, pero tamén con alegres vitorias, como aquela na que se logrou o ascenso á Terceira División no campo do Rúa.
Un histórico Club do que os afeccionados lembran aquel primeiro ascenso á Terceira División na temporada 1963/64, a Copa de Galicia de 1968, a gloriosa época das nove temporadas na Segunda División B na década dos noventa do século pasado, incluída a histórica promoción de ascenso á Segunda División A. Un Club que ten no seu haber varios títulos de liga e numerosos trofeos, que o fixeron ser unha entidade respectada e con prestixio no fútbol galego e español.
Co emocionado recordo e recoñecemento a todos aqueles xogadores, directivos e afeccionados que nos deixaron ó longo destes anos e que con traballo e entusiasmo puxeron o seu grao de area para que este Club conseguira facer historia no fútbol galego e español, felicitémonos todos neste día dos cincuenta anos do noso querido Club.

¡¡¡ Felicidades CD As Pontes !!!

LONA_ESCUDOS_ANIVERSARIO.jpg


CD-Puentes-1933-Primeiro-Equipo.jpg
CD-Puentes-1950-a.jpg
Calvo-Sotelo-1959-Mondonedo-CS-(1-4)-12-10-59.jpg
O-Poboado-Inauguracion-18-Xullo-1960-c.jpg
Calvo-Sotelo-1967-68-b.jpg
CD-Endesa-As-Pontes-1986-87.jpg
CD-Endesa-As-Pontes---Santiago-Bernabeu-08-09-90-RMadrid-D-2-Endesa-1.jpg
CFoto-Poboado-2.jpg
escudos.jpg
As Pontes, 28 de Setembro de 2010 (AF)

También podría gustarte
Comentarios