Política de privacidade de datos
Política de Privacidade de Datos na Asociación Informática Amigus
Responsable do Tratamento de Datos:
- Nome: Asociación Informática Amigus
- Dirección: Plaza do Hospital 14, 15320 As Pontes de García Rodriguez
- Correo de contacto: amigus@amigus.org
Datos Recollidos: Recollimos a seguinte información persoal dos nosos socios:
- Nome e apelidos
- DNI
- Dirección/Domicilio
- Teléfono
- Correo electrónico
No caso de que os socios señan menores de 14 anos tamén gardamos:
- Nome e apelidos do titor
- DNI do titor
- Dirección/Domicilio do titor
- Teléfono do titor
- Correo electrónico do titor
Finalidade da Recollida: Os datos persoais recóllense exclusivamente para manter un libro de socios da asociación, en cumprimento coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR).
Base Legal para o Tratamento de Datos: A recollida e mantemento dos datos basearase no cumprimento das obrigas contractuais entre os socios e a asociación, así como na lexislación vixente, incluíndo a LOPDGDD e o GDPR.
Seguridade e Retención de Datos: Comprometémonos a protexer a seguridade dos datos dos nosos socios e a manter os datos mentres dure a súa afiliación á asociación, conforme á LOPDGDD e ao GDPR.
Dereitos dos Socios: Os socios teñen o dereito de acceder, corrixir ou eliminar os seus datos persoais mediante unha solicitude por escrito, de acordo co establecido na LOPDGDD e no GDPR.
Autorización dos Tutores Legais: Para socios menores de idade, obtemos a información e autorización dos tutores legais para a recollida e o tratamento dos seus datos persoais.
Dereitos dos Socios Menores: Os tutores legais dos socios menores teñen o dereito de acceder, corrixir ou eliminar os datos persoais dos seus fillos mediante unha solicitude por escrito, de acordo co establecido na LOPDGDD e no GDPR.
Cambios na Política de Privacidade: Esta política de privacidade pode ser actualizada para reflectir cambios na xestión dos datos dos socios, en cumprimento coa LOPDGDD e ao GDPR.
Menores de idade: Calquer persoa maior de 14 anos pode darse de alta na asociación. No caso de ser menor de 14 anos esta solicitude de socio deberá vir acompañada tamén dos datos do titor facendose esta persoa cargo da aceptación da política de privacidade