A falta dunha xornada para o remate da liga, xa está todo decidido na liga de fútbol veterano de As Pontes, co Santaballés como campión da presente campaña. Na penúltima xornada rexistráronse resultados esperados, destacando a goleada de A Cepa sobre Los Bidones. Como dato sinalar que o conxunto de Xuntanza fixo o tradicional corredor ó campión desta temporada, o equipo do Santaballés
A Cepa Los Bidones (8-0)
La Galaxia M. Eume (2-4)
Farmavida As Pontes 74 (3-0)
Santaballés – Xuntanza (3-1)
C. Guerreiro C. Bahía (2-3)
Descansa: MMYPEN
A clasificación xa está decidida nas tres primeiras posicións, co Santaballés, como campión de liga, con 51 puntos. Na segunda posición queda Mobles Eume con 44 puntos, mentres que As Pontes 74, queda na terceira praza, con 39 puntos. A continuación están C. Guerreiro (31), C. Bahía (30) Farmavida (27), A Cepa (20), Xuntanza (18), La Galaxia e Los Bidones con 15 puntos e pecha a clasificación MMYPEN con só dous puntos.
En canto ós goleadores, continúa na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 26 goles; seguido de Fernández (A Cepa), con 19. A continuación están Pepe (M. Eume), con 17; e Iván Rodríguez (Santaballés), con 14, e Michel (C.Guerreiro), con 13.
Xuntanza A Cepa (2, 18,00)
MMYPEN La Galaxia (2, 19,00)
As Pontes 74 – Santaballés (3, 10,00)
M. Eume – Farmavida (3, 11,00)
Los Bidones C. Guerreiro (3, 12,00)
Descansa: C. Bahía
PARTIDO ATRASADO
C. Guerreiro Farmavida (2, 20,00)
Finalmente salientar que o vindeiro 9 de abril comezará a competición de copa, na que os once equipos foron divididos en dous grupos:
GRUPO A: C. Guerreiro, MMYPEN, C. Bahía, Xuntanza, M. Eume e Santaballés.
GRUPO B: Los Bidones, La Galaxia, Farmavida, As Pontes 74 e A Cepa.
C. Bahía – MMYPEN (9, 19,00)
La Galaxia As Pontes 74 (9, 19,00)
Santaballés – Xuntanza (10, 10,00)
Farmavida A Cepa (10, 11,00)
C. Guerreiro M. Eume (10, 12,00)
Descansa: Los Bidones
Nova cortesía de A.F.