Amigus
As Pontes

Ismael Veiga séptimo na primeira proba do Campionato Galego de Moto-Cross

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro comezou a súa andaina no Campionato Galego do 2011 na proba disputada en As Neves, Pontevedra.


Na primeira manga venceu Adrián Garrido seguido de Ricardo Costas e terceiro foi Abel Bernárdez. Ismael foi décimo.
Na segunda manga Ricardo vingouse de Adrián e foi primeiro relegando ó vencedor da primeira manga á segunda posición. Terceiro volveu ser Abel Bernárdez. En quinta posición concluiu o campión mundial de Enduro Xacob Agra. Ismael voltou a ser décimo.
No seu debut na categoría senior o piloto pontés conclúe no séptimo posto na clasificación xeral con 15 puntos, nunha proba liderada por Ricardo Costas e Adrián Gago con 45 puntos ambos, por 32 de Abel Bernárdez.
En Alevín gañou Yago Fernández, Rubén Fernández en Promesas, e Elías Otero en Promoción/Veteranos
A seguinte proba do galego de Moto-Cross terá lugar o 10 Xullo en Lalín, entre medias haberá cinco probas do Galego de Super-Cross, competición na que Ismael suma oito Campionatos Galegos nas distintas categorías polas que pasou, sete en Moto-Cross.
Serán o 23 de Abril en Meis, o 14 de Maio en Riveira, o 4 de Xuño en Brins-Ames, o 18 de Xuño en Gondomar e o 2 de Xullo en Gomesende.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios