Amigus
As Pontes

SAN PEDRO DE EUME CELEBROU O SAN ROQUE

San Pedro de Eume, a parroquia máis occidental do concello de As Pontes, celebrou o pasado sábado a festa patronal de San Roque, con funcións relixiosas, música e unha gran churrascada na carpa instalada no lugar do Rego dos Bácaros. A excelente climatoloxía do día propiciou que moitas persoas, máis de medio milleiro, se achegasen a este bonito recanto pontés, procedentes dos distintos lugares do concello e parroquianos hoxe residentes fóra, principalmente na comarca de Ferrol.
Á unha houbo unha misa e a posterior procesión na vella capela de San Roque, situada na aldea da Fragachá. A sesión vermú estivo amenizada pola orquestra Delirio, de Ourense, que tamén actuou na verbena xunto ó Trío Lembranza. Na sobremesa puxeron a música tradicional o grupo Os Trevillas e de seguido música de tódolos estilos a cargo do Dúo Bumerang.
O vindeiro ano corresponderá a celebración do San Pedro no lugar da Lamela, xa que estas dúas festas celébranse nesta parroquia pontesa de xeito alterno dende hai sete anos.
san_pedro_eume_001.jpg


A PARROQUIA DE SAN PEDRO DE EUME
Esta parroquia está situada ó suroeste do municipio e ten unha superficie duns vinte quilómetros cadrados nos que están censados 138 habitantes repartidos en vinte e cinco aldeas. Parte do seu territorio, así como das parroquias de Goente, A Faeira e Bermui, está integrado no Parque Natural das Fragas do Eume, o bosque atlántico costeiro máis importante de Europa. É unha parroquia montañosa e crebada, con alturas superiores ós 500 metros (Pico Grande, 526 metros). Entre os cumes discorren numerosos regos, como o da Igrexa e o das Pereiras, que desembocan no río Eume (antigamente coñecido nesta parroquia como o río Grande), que rega o sur do seu territorio e onde se atopa un dos encoros máis importantes de Galicia.
Antigamente pertenceu á xurisdición de Caaveiro e en 1845 tiña unha poboación de 106 veciños cun total de 407 habitantes nos lugares da Bouza, Cadabás Grande, Cadabás Pequeno, Cameleiros, Carballo, Couce, Cornas, Filgueira, Fragachá, Fraga Redonda, Lamas, Lamela, Lombos, Louseira, Morixoso, Paipaz, Pereira, Pumar e Teixedelos. Eclesiasticamente depende do arciprestado de Bezoucos e diocese de Santiago de Compostela.
A igrexa parroquial está preto da aldea da Bouza. Ten un cruceiro e nela consérvase un retablo de estilo barroco. No lugar da Fragachá está a capela adicada a Ran Roque, cunha estrutura en bo estado, aínda que en certo estado de abandono.
San Pedro de Eume (As Pontes), 4 de xuño de 2011 (AF)
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
san_pedro_eume_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios