ISMAEL VEIGA SEGUNDO NA PROBA DE AMES DO CAMPIONATO GALEGO DE SUPER CROS

O piloto pontés do equipo Maceira Sport Ismael Veiga Balseiro foi segundo na proba disputada este sábado, a terceira do Campionato Galego.
Ismael foi primeiro nos entrenos libres apenas 5 milésimas por diante de Óscar Barciela, nos cronometrados o primeiro foi Barciela, e de segundo quedou Ismael.
Xa na competición oficial, na primeira manga, Barciela superou en 5 segundos a Ismael e en 9 a Alejandro Vázquez. Na segunda manga volveu a aventaxar en 5 segundos ó piloto pontés e en 5 e medio a Jose Feijoo.
Ismael_Veiga_5.jpg


Na clasificación final, 50 puntos para Óscar Barciela do Dagan, segundo Isma con 40 puntos, e terceiro Jose Feijoo con 27 puntos, por 26 de Vázquez e Carracedo.
Na clasificación do campionato galego, 115 puntos para Óscar Barciela, o líder tanto en senior como en junior, 94 puntos para Ismael e 49 para Juan Outón, terceiro.
Gañou, en categoría alevín, Yago Martínez por diante de Pablo Soto e Nicolás Otero, en promesas Rubén Fernández por diante de Sergio Fernández e Joel Antón, en Veteráns Santiago Giance, por diante de Oscar Barcia e Jose Manuel García, namentres que en Promoción venceu Hugo Arévalo, segundo Daniel Filgueira e terceiro Tino Rivas.
A vindeira proba será o 2 de Xullo en Gomesende, namentres que a segunda do Moto Cross será o día 10 en Lalín.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios