Amigus
As Pontes

Destacado resultado do Club Atletismo Olympo de As Pontes no Maraton de Asturias

Os atletas ponteses tiveron un moi bo resultado este pasado fin de semana no Maranalon (Maraton de Asturias), ata Langreo se desplazaron Juan Carlos Barro Rochela que acadou o terceiro posto da xeral, e primeiro español, completando o percorrido de 42 km 195 metros en 2 horas 40´, o primeiro en cruzar a liña de meta foi o Etiope Tewodros Zewdu Asfaw , seguido do Marroquí Essemaali el Houssine , tamén destacable foi a actuación de Manuel Ferro Dopico, que non consigeu mellorar a sua marca persoal por problemas físicos que o obligaron a deterse en varias ocasións, pola sua banda Jesus Blanco Montero finalizou con exito rotundo a sua primeira participacion na distancia de Maraton con un tempo de 3 horas e 38´, finalizando con sensación de poder mellorara ampliamente dito tempo en futuras participacións.
Da dureza do percorrido da exemplo que dos 156 atletas que tomaron a saida soamente entraron en meta 113.


Enlaces de interes:
Resultados : http://www.ochobre.es/admin/data/pdf/0IH2GfyRD2HqJB66n5Aa.pdf
Organizacion : http://www.ochobre.es/home.html
Noticia relacionada : http://www.enelmonte.com/2011/06/maranalon.html
Foro con enlaces fotos : http://correrasturias.all-up.com/t1124-fotos-maranalon-12-de-junio-de-2011

También podría gustarte
Comentarios