Amigus
As Pontes

O SEGUNDO EQUIPO DO CD AS PONTES PREPARASE PARA O SEU DEBUT NA SEGUNDA REXIONAL

Despois de conseguir o meritorio ascenso a tempada pasada, xunto a Galicia de Caranza e Miño, o segundo equipo do CD As Pontes estase a preparar estes días, catro veces á semana, e dende o 1 de Agosto, para o comezo da competición na Segunda Autonómica Grupo Cuarto, categoría na que xa militou o CD As Pontes B en 1982-83 e entre 1991 e 1995.
Os discípulos de Calpita terán complicados rivais neste grupo formado por 18 equipos, e ademáis dos seus “compañeiros” de ascenso, enfrontaranse ós filiais do Narón BP, Somozas e Galicia de Mugardos, e tamén con clásicos como Ánimas, Numancia de Ares, Cedeira, Rápido de Neda, San Sadurniño, Meirás, Barallobre, Cultural Maniños, Ortigueira, A Capela, Valdoviño e Mandia.
Precisamente debutarán visitando o 4 de Setembro ó Mandia e pecharán a Liga o 13 de Maio, e despois de 34 xornadas, visitando ó San Sadurniño.
Continúan da tempada pasada Alex Antón, Antón, Fernando, Juanillo, Fran, Moya, Carlos, Borja, Junior, Mourín, Amady, Hugo Cascudo, Iván, Danilo, Roi, Adrián Criado e Púas. Suben do xuvenil o porteiro Alex, Juan Donapetry, Xabi Pellón, Guille e Hugo. Tamén se realizaron, para fortalecer o plantel, as boas fichaxes de Carlocho, do Racing de Ferrol, que volve ós terreos de xogo tras dous anos de lesión, e Michel, do Galicia de Mugardos, que xa estivo no equipo xuvenil pontés.
cdaspontes_001.jpg


cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro, AF e Alex Antón.

También podría gustarte
Comentarios