Amigus
As Pontes

TROFEO INDUSTRIAIS 2011: GALICIA DE MUGARDOS 2 (6) CD AS PONTES 2 (5)

Penúltimo encontro de preparación do CD As Pontes de cara á vindeira temporada que arranca o fin de semana que vén. O derradeiro antes de comezar a Liga será o vindeiro mércores en Cariño.
Na tarde de hoxe visitaba ó cadro do Galicia de Mugardos, de Rexional Preferente, con moitas caras coñecidas no plantel mugardés, os ponteses Carba, Rouco e Vicente, e xogadores que pasaron polo As Pontes como o gran Manel, Rubén, Suso Peña ou o porteiro Javi.
Nun partido moi disputado e que se resolveu ós penaltis, comezou adiantandose o cadro local tras un brillante centro-chut do capitán e lateral esquerdo Juani, que se acaba colando pola escadra da meta defendida por Simón (9´). Replicou o As Pontes, e tras un centro co “guante” de Bossa, o primo carnal de Adrián López “Piscu”, Moncho, cabecea a placer (22´).
Incluso se puido adiantar o As Pontes no 28´ pero o irmanísimo Rochela mandou ó poste. Si marcou dous minutos despois o ex xogador do clube pontés e interior dereito Rubén, que se plantou so ante Simón e marcou pola escadra (30´).
trofeo_industriais_001.jpg


Asi se chegou ó descanso, anque o marcador puido ampliarse en calqueira dos dous bandos pois ambos equipos dispuxeron de boas ocasións.
No segundo tempo, tras un saque de falta desde banda botado por Javi López, Hugo Soto cabecea o balón ó fondo das mallas (50´).
O As Pontes dominou máis no segundo tempo anque sen grandes ocasións, si a tivo Martín no 80´, que de tiro cruzado mandou ó poste, ou xa nas postrimerías, Bossa, que mandou un lanzamento de falta ó longueiro (93´).
Pero tivose que chegar ós penaltis pra decidir o gañador do trofeo, e a dicir verdade todos lanzaron moi ben, por parte local marcaron Javi López, Vituco, Javi (porteiro), Pitu, Carba e Martín, namentres que polo As Pontes Cañizares, Moncho, Iván González, Bossa e Esmorís.
Como algún lanzamento había que fallar, tocoulle a Dani, o seu tiro desviouno co pe Javi e foi parar ó longueiro, dando a victoria e o trofeo ó equipo local.
2 Galicia de Mugardos: Agustín (Javi 45´), Rouco, Juani, Caínzos (Vituco 45´), Eume (Vicente 72´), Manel (Carba 45´), Rubén (Fran 77´), Uxío (Colo 45´), Jorgito (Pitu 45´), Suso Peña (Martín 77´), Dani Ramos (Javi López 45´).
2 CD As Pontes: Simón, Moncho, Javi López (Fernando 72´), Cata (Dani 72´), Iago (Chote 72´), Rochela (Angeriz 72´), Coedo (Iván González 72´), Chicho (Esmorís 72´), Hugo Soto (Amado 72´), Bossa, Sergio Arias (Cañizares 72´).
Campo e incidencias: Campo da Pedreira, uns 300 espectadores, en tarde veraniega con ceo encapotado. Moita chuvia nos últimos 15 minutos e nos lanzamentos de penalti.
Árbitro: Javier Iglesias Villanueva (Ferrol)
Goles: 1-0, Juani (9´), 1-1, Moncho (22´), 2-1, Rubén (30´), 2-2, Hugo Soto (50´).
Penaltis: 1-0 Javi López, 1-1 Cañizares, 2-1 Vituco, 2-2 Moncho, 3-2 Javi, 3-3 Iván González, 4-3 Pitu, 4-4 Bossa, 5-4 Carba, 5-5 Esmorís, 6-5 Martín. Tira Dani, Javi desvía ó longuera.
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
trofeo_industriais_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios