Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 XUVENTU SANXENXO 4

Tres puntos importantísimos fuxiron hoxe do Campo do Poboado trala victoria do recén ascendido e ex colista da categoría Xuventu Sanxenxo por 2 goles a 4, sumando así o seu primeiro triunfo en liga.
Os visitantantes levaronse o triunfo froito da súa defensa numantina e rápidos e perigosos contragolpes. Os locais tiveron pouca contundencia defensiva por momentos e foron a remolque todo o encontro.
Mal comezaban as cousas cando no minuto 10´ tras un saque de falta e varios rexeites dentro da área o balón acaba nos pes de Nel que coa caña preparada marca o 0-1. Moi costa arriba se puxo o encontro cando no 26´ outra vez Nel marca tras remate a saque de córner precedido dun tiro ó longueiro de Cuchi salvado baixo paus por Javi López (25´). Entremedias Hugo Soto tivo unha boa ocasión pra marcar tras unha boa xogada de Cañizares pero mandouna fora (17´).
Antes de chegar ó descanso o As Pontes apretou os dentes e Hugo Soto a pase de Sergio Arias recurtaba distancias (38´).
Pouco durou a alegría e o panorama volvíase a poñer moi negro cando no 50´ Cuchi aproveita unha indecisión defensiva e un balón rebotado pra poñer o 1-3 no marcador, que casi amplía Diego no 54´ tras un tropezo dos dous centrais locais.
A partir de ahi os azuis embotellaron os visitantes e Lemos arriscou sacando ós dous centrais, e xogando con Rochela, Moncho, Javi.
As ocasións máis claras foron un cabezazo de Moncho no 65´ e sobre todo no 68´ tras un bo pase de Sergio, Amado queda so ante a saída de Vladimir e este despexa a bocaxarro.
No 78´ tras un centro desde banda de Fernado marca Iván González de cabeza chegando desde atrás, e puideron lograr o empate dous minutos despois cun pase desde banda dereita de Hugo Soto a Sergio Arias en boca de gol que Vladimir despexa co corpo.
Nos últimos minutos o encontro convertiuse nun correrrúas, e xa no desconto, nun contragolpe, Manu dispara á cruceta e o seu rexeite recolleo Bolo pra facer o 2-4 definitivo. Terceiro balón rebotado que acababa nos pes dos amarelos, que estaban no sitio e coa caña preparada, feito que lles reportou tres goles e tres puntos.
aspontes_sanxenxo-01.jpg


En mala situación queda o As Pontes, 13º con 6 puntos, estando moi comprimida a zona baixa da clasificación. Precisamente nas vindeiras semanas defrontarán rivais directos, o Somozas en Pardiñas e o Dorneda dos irnáns Bouza Campello no Poboado dentro de dúas semanas. Sería maravilloso puntuar nos dous encontros e poder acadar algún triunfo.
CD As Pontes. Simón, Moncho, Javi López, Cata, Angeriz (Rochela 64´), Chote (Fernando 64´), Iván González, Coedo, Hugo Soto, Cañizares (David Amado 45´), Sergio Arias.
Xuventu Sanxenxo. Vladimir, Saez, Segura, Víctor, Alfonso, Jose Angel, Diego Blanco (Manu 63´), Aguin, Cuchi, Nel (Bolo 77´), Minsu (Miguel 66´).
Goles: 0-1, Nel (10´), 0-2, Nel (26´), 1-2, Hugo Soto (38´), 1-3 Cuchi (50´), 2-3 Iván González (78´), 2-4, Bolo (91´).
Árbitro: Borja Bilbao Vizcaíno (Lugo). Auxiliado nas bandas por Vilela e Valín. Amonestou a Simón, Moncho, Javi López, Cata, Diego Blanco e Nel.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde moi soleada. Gardouse un minuto de silencio polo aniversario do falecemento do directivo do clube local Manuel Pico Meizoso “Manolo”.
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
aspontes_sanxenxo-01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios