Amigus
As Pontes

Club de Montaña O Caxado

Este fin de semana o club de Montaña O Caxado fixo duas actividades. A primeira o Sabado na que 15 compañeiros do Club recorreron o Camiño dos Arrieiros. Este e unha antigua via de comunicacion que unia a costa do norte, dende o Porto de Vares, ca Galiza central a traves das Pontes.
Saiuse as 8 da maña do Polideportivo das Pontes e para comezar xa temos a primeira dificultade que e o monte do Caxado (757 m), do que colle o nome o Club. Unha vez arriba xa comenza a apretar o calor, o dia vai ser quente de mais tendo en conta que se vai ir por zonas sen arboles e por tanto sen sombra.
Logo de atravesar a Faladora facendo algunha parada para ver as medoñas que abundan nesas alturas, chegase a Coriscada, por riba das Grañas do Sor, xa no concello de Mañon. Seguindo a dorsal da Coriscada imos chegandonos o Barqueiro, dende aqui ariba podemos ver a dreita adesembocadura do Sor e a ria do Barqueiro, e a esquerda a costa entre Ortegal e Estaca de Vares.
Unha vez chegados o Barqueiro queda a ultima dificultade que e a subida pola mina Sonia ata acadar as alturas do Chan da Caldeira, outro punto prodigo en restos megaliticos. Subida a Garita e dende ali un longo descenso ata o Porto de Vares. onde chegou a cabeza do grupo as 6 e media da tarde mentras que os ultimos chegarian case duas oras mais tarde, o que da idea da dureza do camiño sobretodo a causa do calor , da falta de vento e que practicamente en todo o recorrido non habia donde repoñer auga. A pesar de todos estes inconvintes completuse o camiño, perto dos 50 kms , sen mais que laiarse dal unhas vexigas nos pes e das maniotas a curar o dia seguinte.
O Domingo dia 9 saida o Rio Sor, percorrido de aproximadamente 15 kms de dificultade media-baixa, dende Ribeiras do Bispo por Ponte Segade ,Augas Caidas, subida a area de Augas Caidas e volta a Ponte Segade.
Saida as 9 do Polideportivo Municipal e volta para comer, anotarse antes do Venres a tarde para organizar o transporte.
arrieiros.jpg


arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
arrieiros.jpg
O Domingo saimos a preparar a ruta que temos programada para o mes de Novembro. En concreto tiñamos que buscar a maneira de cruzar de Marraxon de arriba ate Cervicol se picar moito as pernas, asi que as 9 saimos sete compañeiros dende a capela de Marraxon e chegamos a Cervicol, pero o percorrido e bastante bravo, asi que teremos que facer algunha saida mais ata atopar un camiño apto para todo o publico. Ainda asi a maña non se perdeu, pois permitiunos ver imaxes da zon a que rara vez temos ocasion de contemplar. Baixamos polo rego do Caxado ata o encoro pola zona de inundacion que agora esta seca o que nos deixou ver antiguas construcions, muiños e pontes etc que levan decadas debaixo da auga.
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
marraxon_01.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios