ALEX CABARCOS XOGARÁ CONTRA A SD COMPOSTELA

O futbolista pontés que actualmente milita no Racing de Ferrol xuvenil de División de Honra foi convocado de novo pola selección galega sub18.
Continúa a criba e nesta ocasión so foron convocados 18 xogadores ó partido que terá lugar mañá luns contra o gran equipo da SD Compostela de Rexional Preferente, líder da categoría, e que se disputará no Campo de As Cancelas.
Dezaoito serán os seleccionados que representarán a Galicia na primeira fase do Campionato de España, a disputar no País Vasco entre o conxunto anfitrión, Galicia e Extremadura, aínda que esto non quere dicir que sexa a lista definitiva.
Esta fase resultará moi complicada pois no conxunto vasco estarán entre outros, o medio centro do Athletic Iker Undabarrena e o dianteiro da Real Sociedade Iker Hernández, ex internacionais sub17 o ano pasado. Da sub17 deste ano probablemente xogará o medio do Athletic Óscar Gil. O duelo contra Extremadura resultará máis equilibrado.


Anque haberá que dar gracias ó ceo de que o País Vasco non pode contar coa xeneración do 93, terrorífica, que xa acabou o seu ciclo, e o ano pasado xa conquistou este torneo, con máis complicacións das previstas a tenor do equipazo que tiñan.
Na selección sub16 na que Enrique Fornos estivo na primeira convocatoria con un ano menos, o seleccionador tamén leva a 18 xogadores, anque neste caso inclúe a varios que non estiveron en ningunha convocatoria anterior, asi que semella que o seleccionador non ten claros os seus 18 integrantes e continúa a facer probaturas.
Os seleccionados sub18 serán os seguintes:
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Jorge Callón, Jorge De Dios, Juan Barros, Daniel Iglesias.
RC Celta de Vigo: Rubén Blanco, Jordán Domínguez, Jose Luis Varela, Alberto Rey, Jonathan Castro.
Racing de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos.
Pabellón de Ourense: Alejandro Ocampo, Karim Herrero.
Pontevedra CF: Brais Cancelas
CD Conxo: Alberto Peña
Montañeros BG: Alejandro Ares
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios