Amigus
As Pontes

I SAN SILVESTRE PONTESA

Cartel-San-Silvestre-2011.jpg


Data: 31-12-2011 Hora: 11:00
Lugar: Saída na Avenida da Coruña (fronte a Biblioteca Municipal)
Distancia: dende 150 a 4800 metros aproximadamente segundo categorías
Organiza: Clube Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes
Colabora: Don Dino (xoguetería) e Deko-logas (regalos e decoración)
Inscripción: do 1 ó 29 de Decembro.
Correo: atletismoolympo@gmail.com // ana.alonso@aspontes.org
Teléfono: 636 51 72 99 – 667 19 20 99
Polideportivo Municipal (mañás)
Resaltar como novidades que o Centro Dental San Pablo de Ferrol ofrece unha revisión dental gratuita a tódolos participantes que acaben a carreira e ós tres primeiros clasificados da proba absoluta e cadete unha limpeza dental gratuita.
Tamén os dorsais ademáis de recollerse media hora antes do comezo da competición na carpa do Colexio Santa María, poderanse recoller o día anterior, venres 30, pola mañá, na oficina do Polideportivo Municipal.
REGULAMENTO:
1. O Clube Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes organizan a I San Silvestre, que se celebrará no centro de As Pontes o 31-12-2011 a partir das 11:00. Trátase dunha proba festiva para disfrazarnos e divertirnos para despedir o ano e dar a benvida ó 2012 polo que dende a organización agradecemos e premiamos que cada atleta saque o seu mellor disfrace para participar na proba.
2. A saída e a chegada farase na Avenida da Coruña (fronte a Biblioteca Municipal) comezando polos máis pequenos.
3. A organización contará coa colaboración da Policía Local e Protección Civil.
4. INSCRIPCIÓNS;
Correo: atletismoolympo@gmail.com // ana.alonso@aspontes.org
Teléfono: 636 51 72 99 – 667 19 20 99
Polideportivo Municipal (mañás)
Nome e apelidos
Data de nacemento
DNI
Clube
Talla camisola (carreira/andaina absoluta)
5. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira no Colexio Santa María (fronte ó Parque)
6. CATEGORÍAS:
Biberón-Prebenxamín 150 metros +-
(nacidos no 2007 e menores) (05-06)
Benxamín-Alevín 500 metros +-
(03-04) (01-02)
Infantil-Cadete 1000 metros +-
(99-00) (97-98)
Absoluta 4800 metros +-
(nacidos en 1996 e maiores)
Andaina 2400 metros +-
(tódalas categorías)
7. PREMIOS:
* Premio ó mellor disfrace das categorías infantís. Vale por 50€ en Don Dino
* Premio ó mellor disfrace da categoría absoluta: Vale por 150 € en Deko-logas
* Diploma conmemorativo a tódolos participantes das carreiras infantís.
Proba absoluta:
1º Clasificado/a: Trofeo + pulsómetro
2º Clasificado/a: Trofeo
3º Clasificado/a: Trofeo
Probas infantís
1º Clasificado/a: medalla
2º Clasificado/a: medalla
3º Clasificado/a: medalla
8. Ó finalizar a proba haberá CHOCOLATE QUENTE para tódolos participantes

También podría gustarte
Comentarios