Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BERGANTIÑOS 0

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes segue con vida con un tanto de Iván González nos últimos minutos. Oito xornadas e case dous meses despois volveu gañar o As Pontes, o que o deixa con vida antes do parón de Nadal. O gol do triunfo foi anotado por Iván González, o de Pol, un dos xogadores máis regulares no que vai de Liga, de tiro cruzado dende o borde da área, ó que non puido chegar o gardamallas visitante, a falta de catro minutos pra o final.
aspontes_0001.jpg


As ocasións máis claras na primeira metade foron pra os azuis, un cabezazo de Sergio Arias preto da escadra (17´), un pase da morte de Sergio, que Iván dispara raso e atalla David (22´), e as dúas ocasións máis claras antes do descanso, unha falta de Bossa (40´) que repeliu o poste, e xa van … e un disparo desde uns 25-30 metros de Pablo que pillou adiantado ó porteiro visitante pero sacou a luva in extremis pra despexar a corner, sacando a relocer o seu talento David Yáñez, amosando o xogador de Cariño porque era considerado o mellor porteiro español da xeneración de 1983, sendo o gardamallas titular da selección española no Europeo Sub17 Israel 2000. Entremedias a aproximación máis perigosa dos de Carballo, un centro chut de Toja que se pasea pol área chica e o posterior remate de Bayo que se vai lamendo o pau (35´).
Nos primeiros quince minutos da segunda metade dominou o Bergantiños, a súa ocasión máis clara, un centro de Pablo D. ó que en boca de gol non chega por centímetros (51´) Moreiras, que en 2002 foi convocado xunto ó noso Adrián López pola selección española sub15.
Pero na última media hora os azuis embotellaron ós vermellos, Sergio para Pablo que se escora ante a saída do gardamallas (63´), un forte disparo de Bossa dende fóra da área despexado a córner (73´), unha gran xogada de Amado e Sergio Arias dispara fóra (79´), un tiro de Chicho ó borde da área (84´), pero nada. O Bergantiños únicamente apostaba polas contras e a piques estivo de sacar rédito o dianteiro de Pontedeume que xogou coa selección galega UEFA a semana pasada, Efrén Rodríguez, pero Rochela estivo providencial ó quite (76´).
A falta de cinco minutos e cando todo parecía perdido chegou o gol de Iván González pra algarabía da parroquia local. Tres puntos vitais que sitúan ó As Pontes cuarto pola cola con 17 puntos. A día de hoxe, Celta B (a un punto da salvación) e Montañeros están en zona de descenso, o que implica seis descensos por arrastre en Terceira, o punto positivo é que nas últimas xornadas a zona baixa comprimiuse un pouco e xa hai máis equipos en zona máis ou menos perigosa. Descartando ó Racing de Ferrol, Ordes ten 26, Bergantiños e Dorneda 25, Somozas 24, Vilalonga 23, Negreira, que marca a criba, ten 22. En zona de descenso estarían Estradense con 20, Areas con 18, As Pontes con 17, Betanzos 15, Lalín que rexurde ten 14, e xa máis desafiuzado está o Sanxenxo con 8.
Hai que loitar moito moito pra poñerlle as cousas difíciles os rivais directos e agardar que na segunda volta frouxeen algúns equipos que están en zona algo máis cómoda.
O As Pontes espera iniciar o ano con bo pe, e con moito público nas bancadas, na visita dun rival directo, o Estradense, nunha auténtica “final” coa que da comezo a segunda volta. Pero de momento chega o Nadal cun halo de luz ó fondo do túnel.
CD As Pontes. Simón, Moncho, Javi López (Chicho 45´), Chote, Rochela, Angeriz, Bossa, Fernando (Hugo Soto 73´), Pablo (David Amado 79´), Iván González e Sergio Arias.
Bergantiños CF. David Yáñez, Rudi Cotelo, Alex Canedo, Hector, Ramón (Miguel Taibo 87´), Pablo Domínguez, Toja (Chechu 87´), Moreiras, Bayo, Efrén e Pablo F (Fernando Varela 87´).
Goles: 1-0, Iván González (86´)
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde moi fría. Gardouse un minuto silencio polo falecemento do sogro do adestrador de porteiros do CD As Pontes, Jose Souto “Momán”, e avó do ex xogador do As Pontes, actualmente no Narón, Marcos Souto.
Árbitro: Gonzalo Goyanes (Santiago). Auxiliado nas bandas por Rosende Porto e Maquieira Otero. Amonestou a Efrén, Pablo F e Angeriz.
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
aspontes_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios