Amigus
As Pontes

LIGA AUTONÓMICA DE RUGBI: FENDETESTAS – LALÍN (10-39)

O Fendetestas segue co seu particular calvario nunha liga na que non acaba de poder plantar cara en igualdade de condicións ós seus rivais. Desta vez caeu por 10-39 diante do Lalín, perante o que tan só puido presentar doce xogadores de inicio, tres menos dos que conforman un equipo.
fendetestas_0001.jpg


Malia esta inferioridade numérica logrou facerse co oval para evitar apuros e mantivo a pugna durante os primeiros 20´. logo, a lesión de Sergio deixou ós verdes con outro home menos, no límite para a suspensión do partido.
E con todo o choque seguiu moi disputado, sabedores os da cas que, en canto cedesen na presión se atoparían cun Lalín con espazos. Nesa longa metade da primeira parte os visitantes acadaron dous ensaios e un golpe para irse ó descanso cin 3- 15 ó seu favor.
Na segunda incorporábase un xogador máis no Fendetestas, que por motivos laborais non podía estar para o inicio. Con tan só tres homes menos volveuse vir a arriba o equipo pontés, que por segunda vez vería como se lle anulaba un ensaio.
entrementres, o Lalín, non acababa de chegar ós catro ensaios que precisaba para o bonus, o que fixo cando ía xa un cuarto de hora da segunda parte, e cadrando coa lesión de Álvaro que xa deixaba outra volta con once ó Fendetestas.
Malia a oferta de suspender aí o partido, co bonus garantido para os pontevedreses, e cos de As Pontes cos xustos para poder continuar, e sen apenas homes específicos para desempeñarse na dianteira, o choque seguiu ata os 80´, e mesmo na última xogada do partido, os locais acabaron presionando nos últimos cinco metros con pick & gos ata que sacaban un ensaio de castigo que deixou ben ás claras a súa combatividade.
Xogaron polo Fendetestas: Sergio, Moncho, Xose, Rayito, Darkas, Toño. Pablo, Kiko, Antón, Álvaro, Jacobo, e Iago. Na segunda metade incorporouse Miguel.
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
Nova: cortesía de X.C e A.F.

También podría gustarte
Comentarios