Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

Actualizando os resultados do domingo, o Celta B so puido arrancar un empate ante o Vecindario polo que continúa habendo seis descensos en Terceira, Vilalonga 35, Dorneda 34, Negreira 32, Ferrol 31, Bergantiños 30, As Pontes 27, Estradense 27, Areas 21, Betanzos 20, Sanxenxo 20 e Lalín 19. O As Pontes necesita gañar na súa complicada visita a Dorneda.
O segundo equipo adestrado por Calpita sacou un valioso empate na súa visita a Caranza (1-1), e segundo as crónicas, incluso puideron conseguir os tres puntos. Seguen terceiros pola cola con 19 puntos por 16 do Barallobre e 12 do Valdoviño, e agora mesmo están descendidos por arrastre, e os equipos máis de preto son Neda e San Sadurniño que teñen 23. O domingo ven o Numancia de Ares, que gañou na ida 5-0, e hai que buscar os tres puntos.
Empate do xuvenil de Liga Galega en Pontedeume, 1-1. Valioso punto porque segue distanciando o descenso en 8 puntos. Un Compostela, con pé e medio en Liga Nacional, ten 54 puntos, Ordes e Lugo B 43, Vilalbés 42, Caranza e Residencia 40. Os de Carballo son novenos con 33 puntos e o vindeiro fin de semana reciben ó Brexo Lema de Cambre que vai dous postos e cinco puntos por debaixo. Sería moi importante lograr os 3 puntos.
Empate a 0-0 entre o segundo xuvenil e o Cariño, seguen oitavos con 24 puntos, visitando a vindeira xornada ó Perlío que vai terceiro.
xuv_b_001.jpg


xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
xuv_b_001.jpg
Precisamente o As Pontes Cadete venceu 1-3 no Campo dos Pinares ó complicado Perlío, e situase segundo con 21 puntos trala vitoria do Caranza en Narón 1-3, o que consolida o liderado dos ferroláns con 24, quedando os naroneses terceiros con 18. E iso que os azuis xogaron con dez case todo o encontro. Hat trick de Brais Blanco. O quinto clasificado Racing San Pedro será o próximo rival na casa.
O conxunto infantil de Iván Rodríguez perdeu claramente na casa ante un Racing de Ferrol (0-6) que non quere perder a estela do Portuarios e segue manténdose a tres puntos. Os azuis son sextos con 17 puntos. Complicada visita ó Perlío, que vai terceiro, a vindeira semana.
O alevín A celebrou a convocatoria de Malena á selección galega alevín de fútbol 8 (da que falaremos ó longo da semana) cun triunfo por 10-1 ante o Meirás. Seguen quintos con 33 puntos, e o vindeiro sábado desprazaranse a Sinde a enfrontase ó Val B. Goles de Alberte, Alex B, e David, que fixeron dobrete, por un de Bruno, Eloy, Sergio Otero e Malena.
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
alev_a_001.jpg
O alevín B perdeu 2-0 ante o Eume, e continúan décimos con 12 puntos, cunha dura proba o vindeiro fin de semana no que reciben a un intratable Portuarios que suma 16 vitorias por goleada.
O benxamín A empatou 2-2 ante o Perlío B, situándose oitavo con 23 puntos. A seguinte xornada xogarán contra o Amistade de Meirás que vai dous puntos por riba. Tantos de Xoel Pena e Xabi.
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
benxamin_a_001.jpg
O benxamín B perdeu 9-1 diante do Perlío e continúan undécimos con 6 puntos e o sábado no Poboado terán unha dura proba contra o líder Ánimas.
O prebenxamín A gañou 0-7 ó Cedeira B consolidando a quinta praza con 33 puntos. O próximo sábado reciben a visita do cadro ferrolán do Portuarios.
Os máis noviños do prebenxamín B perderon na casa 0-2 ante o Ánimas e marchan na duodécima posición con oito puntos e o próximo sábado xogarán contra o Miño B que vai cuarto.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios