Amigus
As Pontes

PRIMEIRA AUTONÓMICA ALEVÍN: C.D. AS PONTES – C.D. CARIÑO (10-2)

En partido correspondente á décimo cuarta xornada da primeira autonómica alevín de fútbol-7 aprazado no seu día e disputado na tarde de onte no campo do Poboado, o CD As Pontes non tivo problemas para superar ó CD Cariño por dez goles a dous.
O equipo que prepara José Luis Fontao dominou de principio a fin cun fútbol de gran calidade, de aí o resultado final, que puido ser maior de non afrouxar o ritmo do xogo na segunda metade.
Fontao deu entrada a todo o plantel, saíndo de inicio Luis, Alberte, Alejandro, Chema, Fraga, Malena e Manuel. Logo foron entrando Cazás, Diego, Bruno, Sergio Otero, David, Álex e Eloy. Marcaron polo equipo pontés Cazás e Eloy, en dúas ocasións, e Sergio Otero, Álex, Bruno, Alberte, Chema e Malena, xogadora que foi convocada a un partido de adestramento da Selección Galega Alevín de fútbol-8 para este mércores 22 en Santiago de Compostela.
Despois deste resultado o As Pontes segue na quinta posición con 36 puntos, a doce do líder Eume Deportivo. Na vindeira xornada xoga no campo do Val B.
alevin_001.jpg


alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios