Amigus
As Pontes

TERCEIRA FEMININA. CD AS PONTES 2 – EIRÍS SD 1.

Triunfo do As Pontes ante o líder

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Brillante vitoria do equipo feminino pontés nesta tarde con moito vento ante o líder coruñés, por 2-1, en xornada aprazada no seu día polo temporal.

O triunfo é de moito mérito pois o equipo vermello contaba todos os seus encontros por vitorias, catorce, agás tres empates e unha derrota ante o Xuventude de Crendes.

Nerea adiantaba ás locais ao pouco do descanso, e pese a que María establecía a igualada mediado o segundo tempo era Paula Castro no desconto a que daba os tres puntos ao conxunto de Alex e Silvia.

Sétimas con 27 puntos reciben ao Cariño, undécimo con 20. Xogaron Ainize, Naia, Judit, Indira (Carlota 60´), Noelia Castro, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Andrea, Nerea (Paula Ríos 90´), Patri, Laura (Alba 78´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios