O Grupo Xuvenil no Campionato Galego Xovenes Promesas.
Castrelo de Miño, 8 de marzo
O pasado sábado, 8 de marzo, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, desprazouse ata a localidade ourensá de Castrelo de Miño, para disputar na auga do seu encoro o Campionato Galego de fondo de xovenes promesas, en categoría individual.
Os 6 ponteses desprazados fixeron un bo papel, tanto na distancia de 3km, que era para categoría infantil, coma nos 5km distancia destinada os cadetes.
No Home k1 infantil A 3km, Dani Ferro ocupaba un loitado 8º posto, proba na que tamén participaba Xoel Timiraos, que non podía rematar por un inoportuno volco.
Xa na proba de Home k1 Cadete B, este sobre 5km, Xalo Romero acadaba un 3º posto, nunha fermosa proba, onde 5 padexeiros tiveron opcións ata os últimos metros.
Por último, os nosos Home k1 Cadete A, tamén sobre 5000 metros, Omar Penabad era 21º, Adrián Filgueira 22º e Adrián Ribeiro 48º, todos eles entrando nos puntos ó entrar no mínimo tempo estipulado.








Nova cortesía do Grupo Xuvenil