Este mércores á noite disputouse o encontro entre o Esteo e o equipo pontevedrés con vitoria 3-10 dos visitantes, que xa marcharon 0-6 ao descanso. O importante, que os locais lograron a salvación con varias xornadas de antelación.
Neste día festivo salientar a visita a As Pontes do gaditano Jesús Nazaret Aicardo, seguramente dende a época do Esteo un dos tres mellores xogadores que pasaron por As Pontes xunto aos Campións Mundiais Daniel Ibañes (Burela) e Pipe (Albense), Adri mediante.
O ex xogador de Barcelona, Santiago, Jaén ou Peñíscola, foi Subcampión Mundial Tailandia 2012 (Brasil 3 – España 2), Campión de Europa Croacia 2012 (Rusia 1 – España 3), e gañador de dúas Champions (2014, Dinamo Moscú 2 – FCB 5, 2020, El Pozo Murcia 1 – FCB 2).
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro