O Sílex participará esta fin de semana no Cto. de España Xuvenil e no Cto. Galego Sénior e Veterán

Tras dúas fins de semana de tiro con arco, o Clube Sílex manda parte dos seus arquiros á desputa de dúas citas importantes, o Campionato de España Xuvenil e o Campionato Galego Sénior e Veterán de Aire Libre. Á primeira das citas desprazarase Miguel Alvariño acompañando do seu adestrador Manuel Buitrón, este campionato vaise celebrar os días 2 e 3 deste mes na localidade xerundense de Begur. Polo nivel de puntuacións deste arqueiro nesta súa primeira tempada coma xuvenil, acadou a subvención da Federación Galega na súa categoría. Agardamos que entre os mellores arqueiros xuvenís do panorama nacional poida ver o bo nivel que está collendo co esforzo diario.
Por outra banda, outros catro arqueiros viaxarán ata a localidade da Pobra do Caramiñal, onde este sábado día 2 de xuño, competirán polo Campionato Galego en dúas categorías diferentes. Adriano Romero vai con opcións de subir ao podio na categoría de Recurvo Veterán, dados os resultados obtidos nas últimas competicións. E en Recurvo Sénior participarán Xaquín Mira, Javier Vázquez e Carlos Romero, os cales tentarán de subir ao alto do caixón ante a igualdade entre os arqueiros da zona alta do ranking galego.


Nova cortesía Club Sílex de Tiro con Arco

También podría gustarte
Comentarios