Gonzalo Iglesias ven de se proclamar campión galego de 800m. libres na categoría de +45 anos do campionato de fondo máster que tivo lugar o pasado 9 de marzo na piscina municipal de As Pontes.
A proba que estaba programada para se disputar en Santiago de Compostela, tivo que cambiar de localización in extremis a unha semana da celebración, o que causou unha merma importante na participación.

