Amigus
As Pontes

DÚAS XOGADORAS DO CD AS PONTES, CAMPIONAS GALEGAS.

Coa Selección de Ferrol, este martes en Pontevedra

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As xogadoras do CD As Pontes, Abby Otero Gómez, e Mariana Fernández Tembrás, conseguiron no día de onte, en Pontevedra, o Campionato Galego de Seleccións Comarcais, na categoría Alevín Sub11.

Traían da primeira fase un gran botín de tres vitorias, ante A Costa (3-0), Lugo (4-1), e Santiago (2-0), por tan so unha derrota ante a poderosa selección de A Coruña (1-2).

No día de onte, na segunda fase, Ferrol venceu 5-0 a Ourense, e empatou 1-1 con Vigo. En semifinais gañaron 2-1 a Pontevedra, e na final voltaron a empatar 1-1 co gran equipo de Vigo, gañando nos penaltis.

Fotos cortesía Javier Otero e Alberto Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios