Amigus
As Pontes

Miguel Alvariño segue na competición no LXIII Campionato de España Absoluto de Aire Libre

Durante a mañá deste venres disputouse a clasificatoria do LXIII Campionato de España Absoluto de Aire Libre. Ás 9 da mañá comezaban as dúas rondas de 36 flechas a 70 metros. Miguel Alvariño, xuvenil de primeiro ano, sumou 313 puntos na primeira das rondas o que o situaba no posto 15º, Xaquín Mira pasaba o descanso no posto 17º despois de facer 305 puntos, e Carlos Romero con 298 puntos era o 25º. Retomando a clasificatoria Carlos mantivo o nivel da primeira ronda facendo 292 puntos para un total de 590 cos que remataba a clasificatoria de 27; Xaquín Mira baixou algo facendo un total de 597 puntos caendo ata a 24ª plaza; e Miguel Alvariño sumou 315 puntos máis,e cun total de 628 rematou na 13ª posición. Estas foron as tres mellores puntuacións dos arqueiros galegos que participaban na modalidade de arco recurvo homes.
Tamén pola mañá tiráronse duas eliminatorias, as de 1/32 e 1/16 de final. Na primeira pasaron Miguel Alvariño fronte a Juan Bocanegra (Valencia) por 6-2, e Xaquín Mira fronte a Rodrigo Fernández (Galicia) cun 6-0; Carlos Romero caeu nesta ronda por 6-2 contra José Antonio Medrano (Madrid) rematando este campionato no posto 33º. Adiantouse a eliminatoria de 1/16, que segundo a convocatoria habíase de tirar o sábado, para comezar un pouco máis tarde á mañá seguinte e así que os arqueiros puideran compaxinar mellor os horarios cos dos aloxamentos hoteleiros. Miguel puido endosar un 6-0 a Álvaro Nieto (Madrid) pasando así a estar entre o grupo dos 16 arqueiros que seguirán a desputar o título do campionato. Xaquín Mira que tiraba contra Miguel Ángel Pifarre (Cataluña) co que perdeu por 6-0, sendo a súa posición final de 17º.
Cto_Esp_aire_libre_01.jpg


Cto_Esp_aire_libre_02.jpg
Nova cortesía do Club Sílex de Tiro con Arco

También podría gustarte
Comentarios