Séptima posición final para Miguel Alvariño

Remata o Campionato de España Absoluto de Aire Libre cun bo resultado para o arqueiro, de categoría xuvenil, do clube Sílex de As Pontes. Na mañá do sábado desputábase as eliminatorias individuáis dende oitavos de final.
Miguel Alvariño tiña o enfrontamento co andaluz Manuel Calahorro. O galego foi encauzando a eliminatoria set a set deixando en branco o casilleiro do xienense. 6 a 0 e acadado o pase a cuartos de final. Na eliminatoria de cuartos de final atopouse co madrileño Diego Bernabé. Comezaron empatando no primeiro set, pero nos seguintes tres sets foi o madrileño quen gañou poñendo un 7-1 no marcador.
Con isto Miguel quedou apeado da competición na 7ª posición final. Un bo resultado dado o 13º posto na clasificatoria.
Cto_Esp_aire_libre_11.jpg


Por outra banda, esta tarde comezará o VII Campionato de España de Equipos Autonómicos. Galicia, que ten inscrito equipo de arco recurvo homes, desputará este campionato co equipo formado polos arqueiros Miguel Alvariño e Carlos Romero do Clube Sílex e Iván Castro de Arco Ferrol.
Haberá unha fase clasificatoria de dúas rondas de 24 flechas para quedar con oito mellores equipos que formarán en dous grupos segundo o posto da clasificatoria.
Grupo A con 1º, 4º, 5º e 8º.
Grupo B con: 2º, 3º, 6º e 7º.
Mañá domingo desputarase a fase de grupos, con enfrentamentos todos contra todos entre os equipos de cada un dos grupos. Feita a clasificación nos grupos emparexaranse para decidir os postos fináis do campionato. Polo ouro pelexarán os equipos clasificados de primeiros nos grupos; polo bronce os segundos clasificados na fase de grupos; polo quinto posto os terceiros, e pola séptima posición os cuartos clasificados.
Nova cortesía do Club Sílex de Tiro con Arco

También podría gustarte
Comentarios