Amigus
As Pontes

Dúas medallas de prata para Borja Prieto nos Campionatos de España de Trasona

En plenas festas, grandes noticias nos chegan desde as maravillosas terras asturianas onde o palista pontés Borja Prieto Valera ven de conseguir dúas medallas de prata, ademáis dun quinto, un séptimo, e dous décimos postos.
O palista pontés comezou a súa andaina no Campionato de España desputado en Trasona, o pasado venres, con unha medalla prata.
borja.jpg


Iniciabanse as semifinais do K1 1000 metros, nas que Borja era terceiro na primeira serie (3:39:85), por detrás de Íñigo Peña (3:37:93), e Álvaro Bravo (3:38:89). Precisamente ambos palistas veñen de conseguir metal nos Europeos Sub23 desputados a semana pasada en Portugal, Íñigo Peña, bronce no K1 500, e Álvaro Bravo, prata no K4 1000 metros.
Xa nunha final de moitos kilates, o tricampión mundial junior Diego Cosgaya logrou o ouro (3:33:55), apenas unha centésima por diante de Íñigo Peña (3:33:56), e o gañador do Sella Javier Hernanz foi bronce (3:35:84). A continuación chegaron, Diego Piña, Borja Prieto (3:38:19), Xabier Ruiz, Álvaro Bravo, Óscar Carrera, e Víctor Rodríguez.
Nas semifinais do K1 500, Borja gañou ben a súa serie, a terceira, cun tempo de 1:41:88, por diante de Álvaro Bravo (1:42:49) e Alejandro García Toriello (1:42:84).
Na regata final houbo un gran espectáculo entre os tres primeiros clasificados cun final moi apretado. Venceu o vasco Ekaitz Saies (1:39:76), segundo foi Borja (1:39:92) e terceiro Diego Cosgaya (1:39:98). Xa despois entraron, Íñigo Peña, Diego Piña, Víctor Rodríguez, Alejandro Toriello, Xabier Ruiz e Álvaro Bravo.
Na xornada do sábado entrou Borja en competición no K4 1000 metros, e fixoo pola porta grande, na primeira semifinal, na que venceu cos seus compañeiros Luis Martínez, Vicente Jose Tortajada e David Portela (3:10:74). A máis dun segundo entraron o Kaiak Tudense e o Piraguismo Aranjuez.
Na final gañou contundentemente o Oviedo Kayak (2:57:51), con tres campións do mundo na súa embarcación, Fran Llera, de relevos, Walter Bouzán e Álvaro Fernández Fiuza, de maratón. Completaba o cuarteto Borja Estomba. Brillante segundo posto e medalla de prata para o Piraguamadrid de Borja (2:59:45), e terceiro o Tudense (2:59:50) con Piña, Rodríguez, Carrera e López. Cuarto foi o segundo Tudense (2:59:59), e xa pasando ben dos tres minutos entraron Aldán, Sevilla, Palma, Aranjuez e Iuxtanam-Monteoro.
Nas semifinais do K4 500 metros, na terceira serie, a máis rápida de todas, con 5 segundos de diferencia respecto ás dúas anteriores, pasaba como primeiro o Tudense (1:26:86), segundo Sevilla (1:27:51), onde os afeccionados do piraguismo puideron ver a Manuel Muñoz (dobre subcampión do mundo junior en 1997 co pontés Dani Feijóo), e terceiro Aldán (1:27:71), co campión olímpico Perucho. Estos tres barcos pasaron á final, quedando fora o Piraguamadrid (Borja-Tortajada-Portela-Omar Calzón) con 1:28:05.
Venceron con holgura na Final B (1:30:89), seguidos de Piraguismo Silla (1:31:39), e Durius Sanabria (1:32:15), logrando así o décimo posto final. Na final A, proba da dificuldade da regata semifinal de Borja, é que os tres barcos que pasaron nesa semifinal ocuparon tres das catro primeiras prazas na final. Gañou o Tudense, por diante do Kaiak Oviedo dos tres campión do mundo, terceiro Sevilla e cuarto Aldán.
Pouca fortuna volveu ter Borja na mañá do domingo, pois nas semifinais do K1 200 tocoulle a segunda serie, moi complicada, e gañou o campión mundial de relevos, Pablo Andrés (38:03), por diante do tricampión mundial junior Diego Cosgaya (38:04), e o prometedor Carlos Garrote (38:28). Cuarto entrou Borja (38:81), que se resarciu na Final B gañando cun tempo de 37:97, por diante de Jorge Alvores (38:42), e Javier Benito (38:58).
Na Final A venceu o campión olímpico Saúl Craviotto, por diante de Cristian Toro, recente medallista de bronce en K2 200 dos Europeos Sub23, e Ekaitz Saies. A continuación, 4º Andrés, 5º Garrote, 6º Cosgaya.
No K4 200 Borja competiu na terceira regata semifinal, con Portela, Calzón e Tortajada, pasando a final como segundos (33:16), por detrás de Puerto de Santa María (33:14) e por diante de Fluvial de Lugo (33:78).
Na final A sorprendeu o Fluvial de Lugo, comandado por Cristian Toro (31:74), segundo o Tudense de Piña-Rodríguez-Millán-Ardit (31:81), e terceiro o Nautico de Sevilla (31:93). A continuación Palma, Aldán, Labradores, séptimo o Piraguamadrid de Borja (33:05), pechando Puerto de Santa María e Salamanca.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios