Participación de Xalo e Omar coa selección de A Coruña.
O domingo día 4, os padexeiros locais Omar Penabad e Xalo Romero desprazáronse (coa axuda do club Grupo Xuvenil As Pontes, que tamén aportaría a embarcación k2 e k4) ata o encoro de Pontillón de Castro(Pontevedra) para participar co combinado de A Coruña nunha regata que enfrentou as catro provincias galegas con Portugal, en categoría cadete.
Xalo padexou o k1 1000m. onde rematou oitavo e o k4 500m., onde foi 3º, acompañado por Omar Penabab, o eumés Pablo Barcia e o boirense Manuel Abejón.
Xa no k2 500m. Omar Penabad co boirense Manuel Abejón eran tamén terceiros, por detrás de Portugal e Pontevedra.
Estó foi posible coa colaboración da Deputación de Coruña e o Concello de As Pontes.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.