Con moito sufrimento ascendeu ao chamado fútbol profesional o bravo xogador pontés Enrique Fornos Domínguez coa Cultural Leonesa que sufriu moito nas dúas últimas xornadas. Primeiro unha derrota 2-1 co tempo cumprido en El Toralín ante a Ponferradina, e onte nun sufrido partido ante o Andorra no que se adiantaban con tanto do pontedeumés Luis Chacón pero daba emoción ao encontro o empate do ex do Lugo, Álvaro Peña.
Co remate do partido, 1-1, ascendía a Cultural Leonesa, empatada a 65 puntos coa Ponferradina, pero a vitoria 2-0 no Reino de León prevaleceu sobre o 2-1 da semana pasada. Magnífico redemento de Enrique ao longo de toda a tempada xogando 35 encontros, 32 deles de titular, e 27 completos, anotando dous tantos ante a Gimnástica Segoviana e contra o Zamora.
Segunda foto cortesía Cultural Leonesa. Nova XF