Resultados Descenso Internacional Miño de Ourense
O sábado 21 de xunio, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata Ourense, para participar no Descenso Internacional do Miño de Ourense, entre Os Peares e Ourense, 17 km, con dous rápidos caudalosos onde se xuntan Miño e Sil, que son a principal dificultade técnica, e unha dificultade física, a calor abafante .
Os resultados dos nosos foron os seguintes, un 3º posto en k2 veterán alcanzado por Jose Angel Pico e Adrián Paz, nesta misma regata Ernesto Gancedo e Miguel Timiraos eran séptimos.
No k1 veterán o representante local, Toni Polo, alcanzaba a victoria.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.