Amigus
As Pontes

A SELECCIÓN ESPAÑOLA FEMININA DE FÚTBOL SALA NO CONCELLO DE AS PONTES

As discípulas de Claudia Pons estiveron na nosa localidade este mediodía

No día de hoxe, As Pontes tivo o luxo de recibir á Selección Española Feminina de Fútbol Sala, Tricampiona de Europa, e que dentro dun mes participará en Filipinas no primeiro Mundial da especialidade, ademáis, con catro xogadoras galegas, Ale De Paz (Neda), Vane Sotelo (Ourense), Antía Pérez (Laza) e Martita (A Coruña).

Un privilexio de moitos quilates quizais so equiparable a cando As Pontes foi inicio da última etapa da Vuelta a España Feminina 2021, As Pontes-Santiago de Compostela, na que aquí se puido ver a unha decena de ciclistas medallistas olímpicas e mundiais.

Fixandonos so entre adestradora e as 14 xogadoras, no Concello sumaronse ata 25 Campionatos de Europa, tres da Seleccionadora Claudia Pons, Peque, Mayte Mateos e Irene Samper, dúas das xemelgas Laura e Irene Córdoba, María Sanz, Ale De Paz e Dany Domingos, e unha de Antía Pérez, Vane Sotelo e Isa Garcia.

Foron recibidas polo Alcalde Valentín González, a concelleira Elena López e a Presidenta do Lago Sport Cristina Maceira, que lles regalou unas bufandas do clube.

A selección, que estivo concentrada en Vilalba dende o domingo ata este xoves, xogou onte ante o seu gran rival europeo, Portugal, gañando 5-3, e hoxe xogará o segundo último partido desta xiira no noso Pavillón Municipal as 19:30 no que será unha cita histórica.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.