Amigus
As Pontes

COPA DE FERROL INFANTIL 2012-13: CD AS PONTES 11 CULTURAL MANIÑOS 0: OS AZUIS CLASIFÍCANSE PARA A FINAL

Sensacional triunfo do equipo Infantil que gañou 11-0 ó Cultural Maniños de Fene, mentres o Rácing de Ferrol gañaba 0-19 ó Rápido de Neda, polo que os azuis acabaron cun goal average de (+86) por (+83) dos verdes, o que lles garantiu o pase á final por 3 goles, dado que os dous conxuntos acabaron empatados a 31 puntos, gañaron todos os encontros e empataron entre eles, e so un se clasificaba para a final.
Nestas últimas xornadas víronse goleadas moi pouco constructivas nestas categorías de cativos de 13 e 14 anos, pero o equivocado formato da federación non lles facilitou outra posibilidade nin outra alternativa nin a ponteses nin a ferroláns.
Tres goles de Andrés e Ayrton, dous de Josiño e Sergio Otero e un de Adrián selaron o pase á final onde se verán as caras co compricadísimo Portuarios, tan difícil ou incluso máis que o Racing de Ferrol, e que solventou os seus once encontros do outro grupo con suficiencia.
infantil.jpg


Neste caso non hai problema, Portuarios e As Pontes son vellos coñecidos nesta xeneración e os azuis coñecen ben que terán diante un oso moi duro de roer, nunha final que en principio se xogará durante a ponte da constitución.
O equipo infantil buscará o 25º título de Copa para as categorías inferiores do CD As Pontes, sumados ás 32 ligas.
Xogaron polo equipo de Iván Rodríguez, que afronta a súa segunda final consecutiva como adestrador despois da que xogou hai apenas cinco meses co segundo equipo pontés na Malata, Lino, Cazás, Martín, Esteban, Jorge, Adrián, Andrés, Ayrton, Alberte, Sergio e Josiño. No segundo tempo entraron Antón, Malena, David, Diego e Eloy.
Traxectoria CD As Pontes Infantil Copa 2012-13
As Pontes 13 Portuarios B 0
Meirás 0 As Pontes 5
As Pontes 3 Eume 0
Rápido de Neda 0 As Pontes 7
As Pontes 6 Cedeira 1
EFG Caranza 1 As Pontes 10
As Pontes 4 Racing de Ferrol 4
Narón BP 2 As Pontes 6
As Pontes 9 San Sadurniño 1
Galicia Mugardos 0 As Pontes 21
As Pontes 11 Cultural Maniños 0
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
infantil.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios