TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – 5CORUÑA F.S. (4-3)

O Esteo deu un paso moi importante para lograr por primeira vez na súa historia o título de liga da categoría ó impoñerse este sábado por 4-3 ó 5Coruña, un dos mellores equipos que pasou pola As Pontes esta temporada e que complicoulle moito as cousas ós ponteses. Comezaron ben o partido os locais co gol de Pellón, que a pesar dos anos segue amosando unha gran calidade. O partido foi un toma e daca con ataques nunha e outra portería, aínda que as mellores ocasións de gol eran do Esteo. Dous despistes locais propiciaron os goles de Edgar e Oscarín. Co resultado de 1-2 a prol dos visitantes chegouse ó descanso. Nos segundos vinte minutos os ponteses, sabendo o que se xogaban neste choque, saíron decididos a polos tres puntos e ós cinco minutos Rubi lograba o empate. A partir de aí veu o mellor xogo do Esteo, que en cinco minutos logrou o 4-2 con tantos de Rubi e Pellón. Con este resultado todo facía pensar nunha cómoda vitoria do Esteo. Sen embargo, os coruñeses non se deron por perdidos e crearon moito perigo na portería de Choto, que en certos momentos estivo providencial. Os ponteses tamén tiveron boas ocasións para marcar no treito final do encontro. Sen embargo, o coruñés Martín lograba o 4-3 definitivo despois dun rexeite do meta pontés.
Con esta vitoria o Esteo afiánzase na primeira posición da clasificación con sete puntos sobre o Pazos de Borbén, que nesta xornada gañou (5-6) na casa do Ribeira de Piquín. O Xove, terceiro na clasificación, non chegou a disputar o seu partido en Bueu, debido ó temporal de chuvia e vento que asolou estes día a toda Galicia. Na vindeira xornada o Esteo volve a xogar na casa diante do Ribeira de Piquín.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pelu, e Gerveno.
5 CORUÑA F.S.: Jaco, Edgar, Oscarín, Fon e Álex –cinco inicial- Chacho, Pastur, Dani, Martín e Buxía.
ÁRBITROS: Naray Álvarez e Rivas Fouz (Viveiro). Amoestaron con tarxeta amarela a Bolly, do Esteo, e a Jaco, Martín, Oscarín e Fon, do 5Coruña. Foi expulsado, por vermella directa o visitante Edgar por unha forte entrada a Rubi.
GOLES: Min. 5 (1-0), Pellón. Min. 15 (1-1), Edgar. Min. 16 (1-2), Oscarín. Min. 23 (2-2), Rubi. Min. 26 (3-2), Rubi. Min. 28 (4-2), Pellón. Min. 38 (4-3), Martín.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados, uns 300 espectadores nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios