Amigus
As Pontes

Galicia contará con 4 televisións dixitais terrestres autonómicas

Lendo codigocero.com:
“Galicia terá catro canles dixitais de ámbito autonómico dentro do novo plan de televisión dixital terrestre, dos que dúas se xestionarán a través da TVG (unha trasladará a programación actual, mentres que a segunda atendería a necesidades futuras da televisión pública galega) e o resto se adxudicarán a entidades privadas.”…


…”O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia acordou que as dúas canles privadas emitirán en aberto e terán contido xeralista, polo que pretenden aumentar a pluralidade informativa e impulsar a industria de contidos en Galicia. As canles concederanse en licenzas de 5 anos renovables e antes de rematar o presente ano agárdase que estea completado o concurso polas mesmas.
A finais de ano cóntase con que a televisión dixital en Galicia terá unha cobertura do 85% do territorio, mentres que en 2008 chegaría ó 95%.
Para recibir as novas canles haberá que ter un televisor preparado para as mesmas ou contar cun dispositivo adicional que permitiría o acceso a contidos interactivos. Esta transición podería ser máis doadas para os edificios con antenas colectivas, xa que poderían adaptar as mesmas para que os televisores con sintonizadores analóxicos poidan recibir as novas canles.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios