Amigus
As Pontes

LIGA DE FÚTBOL 7. CD AS PONTES 4 – OLÍMPICO DE RUTIS CF 1.

Partido este domingo á tarde no Evaristo Puentes

Triunfo do cadro feminino do As Pontes 4-1 ante o Rutis no partido disputado este domingo á tarde no Evaristo Puentes baixo unha choiva torrencial.

Comezaron gañando as azuis, que se adiantaron pronto por medio de Paula, pero igualaban as de Culleredo antes do descanso. Foi no segundo período, que os goles de Noelia, Carlota e Sara no último tramo deron un claro triunfo e os tres puntos.

Terceiras con 18 puntos comezan o 2026 visitando ao líder con pleno de triunfos, Dorneda. Xogaron polas de Jose Seco; Laura, Silvia, Paula, Noelia, Sara, Patri, Carlota; Uxía, Afolarin.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.