Os xogadores locais Gael Romalde e Álvaro Roca, do Lago Sport, e Lucas Purriños, de O Parrulo Ferrol, desprazábanse esta fin de semana a Castela A Mancha para a disputa da primeira fase do Campionato de España.
O combinado galego Infantil Sub14 de Gael e Álvaro sumou un triunfo ante as Illas Canarias (4-3), por dúas derrotas ante o combinado local (1-8) e Rexión de Murcia (1-2).
Idéntica situación viviu a Selección Galega Cadete Sub16 de Lucas, que venceu ás Illas Canarias (6-2), e logo perdeu con Castela A Mancha (1-4) e Rexión de Murcia (1-2).
Nova cortesía Diego Paz. Fotos cortesía Futgal.















Nova cortesía Diego Paz. Fotos cortesía Futgal.