Amigus
As Pontes

PARTIDO AMIGABLE INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – BAKU UNITED FC (6-5)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

No primeiro partido internacional que se celebra na historia do fútbol sala pontés, o Esteo venceu pola mínima ó conxunto inglés do Baku United por 6-5 nun encontro que tivo dúas fases ben distintas. A primeira parte foi de total dominio do Esteo, a pesar de que contaba coas baixas dos porteiros Chotto e Iván e do goleador Rubi, polo que tivo que cubrir a portería local o xuvenil Sergio, quen, aínda que un pouco nervioso, cumpriu no seu cometido. Os ponteses puideron irse ó descanso cun resultado de escándalo, xa que xogaron mellor e crearon moitas claras ocasións de gol que non se materializaron por pouco. Enfronte estivo un equipo londinense, que está a preparar en terras da Mariña luguesa a segunda fase da Super League inglesa. Un equipo que, salvo algún que outro ataque sen perigo, pouco amosou nestes primeiros vinte minutos, chegándose ó descanso cun claro 5-1 a prol do Esteo.
No segundo tempo o conxunto que adestra Diego Paz baixou o ritmo do xogo e relaxouse en demasía mentres que o conxunto británico, dirixido polo celeirés Daniel Ladra e con varios xogadores españois nas súas filas, creceuse e creou certo perigo na portería local ata poñerse nun axustado 5-4 despois de tres graves erros defensivos dos xogadores ponteses, que dispuxeron de varias ocasións para aumentar o seu marcador, pero non estiveron nada finos neste segundo tempo, mentres que o rival si estivo moi atinado de cara ó gol. Bolly marcou o sexto para os locais nun xenial lanzamento de penalti ó estilo “Panenka”. A falta de tres minutos o Baku United saca porteiro xogador e no derradeiro minuto Agon establece o definitivo resultado de 6-5.
Este domingo o Esteo disputa un partido de rivalidade contra o Vilalba a partir das cinco e media do serán (17,30) no pavillón da Fraga. Pola súa banda, o Baku United pecha a serie de partidos amigables enfrontándose na Gándara ó Cidade de Narón este sábado (17,00).
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Sergio, Pellón, Gerardo, Fran, Bolly –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Héctor e Diego.
BAKU UNITED FC: James, Agon, Kevin, Quique, Edou–cinco inicial- Peter, Chus, Bruno e Adrián.
ÁRBITROS: Rocío Ruano Melón e Roberto Amor Vizoso (Ferrol). Amoestaron a Bolly, do Esteo, e Edou, do Baku. Foi expulsado con vermella directa o segoviano do Baku, Quique, por unha forte entrada e Gerardo.
GOLES: Min. 5 (1-0), Gerardo. Min. 6 (2-0), Pelu. Min.10 (2-1), Chus. Min. 11 (3-1), Diego. Min. 17 (4-1), Héctor. Min. 19 (5-1), Bolly (dobre penalti). Min. 23 (5-2), Bruno. Min. 26 (5-3), Quique. Min. 27 (5-4), Edou. Min. 33 (6-4), Bolly (dobre penalti). Min. 39 (6-5), Agon.
INCIDENCIAS: Partido internacional amigable disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa afluencia de espectadores, preto de 200, a pesar de ser día laborable. Ó final do partido o presidente do Esteo entregou unha camiseta do Club ó seu homólogo do Baku United.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios