Amigus
As Pontes

Resultados Grupo Xuvenil Cto. de España

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pasado fin de semana, 13,14 e 15 de marzo, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazaba ata Sevilla a dous padexeiros para participar no LX Campeonato de España de invierno de piragüismo, nas categorías xuvenil,sub23 e senior.
Os nosos, Omar Penabad e Adrián Filgueira, ambos xuveniles, tiñan que disputar na mañá do sábado 14 unha eliminatoria sobre 3km., con sorte dispar, Omar cando ía en postos de clasificación, acababa na auga, despois de que outro participante, levara por díante a súa pala, Adrián na seguinte eliminatoria conseguía o pase, que lle daba un lugar entre os 60 padexeiros que acadaban o dereito a disputar o campionato, este xa sería na mañá do domingo 15, e sobre 5000m., onde o xoven pontés, mostrando a súa garra acababa no postos 43.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios